Marcapáxinas Xela Arias
O alumnado de 1º e 3º da ESO da asignatura de EPVA participaron nunha proposta de Almudena, do departamento de Lingua Galega, para conmemorar o "Día das Letras Galegas" Deseñaron uns marcapáxinas cun retrato personal e creativo de Xela Arias e os profes votaron o seu preferido. A votación estivo moi reñida e a gañadora foi Cristina Otero López de 3ºESO B, con este excelente traballo, que foi entregado como agasallo de fin de curso a todo o alumnado e profesorado. |
Aquí tedes o enlace ó PADLET onde podedes velos todos: "Marcapáxinas Xela Arias"