You are hereNovas Igualdade

Novas Igualdade


II Concurso de Postais: Corresponsabilidade nas festas en familias diversa.

O Equipo de Igualdade e Apoio LGTBIQ+ e o Equipo de Dinamización da Lingua Galegas do IES Antonio Fraguas convocaron a II edición do concurso de postais para celebrar estas festas baixo o lema “Corresponsabilidade nas festas en familias diversas. con este concurso pretendemos fomentar a igualdade entre homes e mulleres na organización destas festas e/ou a inclusión de diferentes tipos de familias.

25N: acto na EGAP

O día 25 de novembro, día dedicado á loita contra a violencia de xénero, o Equipo de Igualdade e Apoio LGTBIQ+, a Aula de Teatro Teatrando no Fraguas, o coro e alumnado de 4º ESO  e de Bacharelato de Artes  levaron a cabo diferentes actividades para concienciar a comunidade educativa do problema que se segue a vivir con respecto a este tema tan preocupante para a sociedade.

É por iso que o venres 24 de novembro fixemos tres pases  dun acto no salón de actos da EGAP coa seguinte programación:

PERFORMANCE

25N: Pasoume a min, pasoulle a ela!

Non buzón de instagram ou no buzón que se atopa ao lado da Aula de Convivencia as persoas  da comiunidade educativa deixaron as súas testemuñas de violencias machistas sufridas por elas mesmas ou por algúen do seu entrono próximo.

Algunhas destas testemuñas formou parte da performance "Pasoume a min, pasoulle a ela" no acto que tivo lugar no salón de actos do IGAPE polo 25N.

25N: Concurso de lemas e ambientación

Son varias as semanas que levamos traballando ao redor do 25N. Imos ir amosando pouco a pouco os resultados deste traballo.

Estivemos alí!

Un grupo de alumnado acompañado polos profesores Pedro Lamas e Pepe Cabido participaron a mañá do xoves 16 de novembro nas XIII Xornadas "Achégate á iguladade". Este ano a temática era "Queres formara parte?Novas masculinidades, novas oportunidades".

Comezamos!

Comeza o curso 23-24 e nós, o Equipo de Igualdade e Apoio LGTBIQ+, tamén. Anímate!

Orgullo 2023

Este curso celebramos o Mes do Orgullo ambientando o centro e tamén organizando a I Semana de Cinema LGTBIQ+, que tivo moi boa acollida entre o alumnado. Queremos agradecer a colaboración de toda a comunidade educativa para poder levala a cabo. Lembrade: "O noso orgullo no cabe nun armario!"

Concerto ecofeminista

Rematamos a Semana Cultural do mellor xeito posible: con música! Grazas ao traballazo do Dpto. de Música (Olga, Pablo e Pedro), comprobamos en directo o grandísimo talento do alumnado do Fraguas nun Concerto Ecofeminista. Que sorte a nosa!!!

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

  

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

Departamentos

Biblioteca