You are hereNovas Igualdade

Novas Igualdade


Semana Cultural

Este curso celebrouse a sétima edición da Semana Cultural do IES Antonio Fraguas baixo o título O valor da palabra. 

O Equipo de Igualdade e Apoio LGTBIQ+ participou na configuración do programa da Semana Cultural con:

- Transgresión, relatorio en primeira persoas dun alumno do centro para visibilizar a realidade trans.

- Machismos e medios de comunicación. realtorio de Alba Taladriz Díez.

- Discursos e poéticas na construción e desconstrución da violencia machsitas, relatorio de Marga Tojo.

14F:E ti como vés amando?

Moitísimas grazas a todas a persoas que participáchedes no Concurso de Textos para instagram E ti como vés amando?, a todo o profesorado que estivo detrás delas animándoas, e ao xurado (Lupe, Pedro e ISaac) que non o tivo nada doado. Parabéns ás autoras gañadoras!

14F: Exposición" Amores Diversos" e bases do concurso "E ti como vés amando?"

O Equipo de iguladade e Apoio LGTBIQ+ aproveitamos a data do 14 de febreiro, tradicionalmente recoñecida como o día dos namorados, para reivindicar un concepto de amor que rache cos estereotipos e inclúa todo tipo de amor diverso. É por iso que animamos a toda a comunidade educativa a que deixe voar asúa creatividade e achegue unha foto inédita que represente calquera tipode amor: afectivo-sexual, familiar, amizade, poliamor, amor aos animais e natureza, amor propio, amor á lingua e cultura galegas, etc.

14F: Exposición Cartas de Amor

Alumnas do Equipo de Igualdade e Apoio LGTBIQ+ prpeparou e fixo visitas guiadas da exposición" Cartas de Amor "do Plan Proxecta "365 días de respecto e  igualdade" dentro das actividades que desde o centro se realizan ó redor do 14f para rachar cos estereotipos do amor romántico.

11F: Día internacional da muller e a nena na ciencia (Parte II)

O alumnado de 3º PDC fixo un pequeño traballo de investigación sobre mulleres científicas no que se debía recoller, como mínimo, os seguintes puntos:nome,  apelidos  e imaxe da científica, breve biografía, explicación das súas principais contribución á ciencia, dificultades, se as tivera , relacionadas co seu traballo ou recoñecemento.

11f: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (Parte I)

Por mor do 11F, desde o Club de Ciencias organizáronse dúas actividades:

II Concurso de Postais: Corresponsabilidade nas festas en familias diversa.

O Equipo de Igualdade e Apoio LGTBIQ+ e o Equipo de Dinamización da Lingua Galegas do IES Antonio Fraguas convocaron a II edición do concurso de postais para celebrar estas festas baixo o lema “Corresponsabilidade nas festas en familias diversas. con este concurso pretendemos fomentar a igualdade entre homes e mulleres na organización destas festas e/ou a inclusión de diferentes tipos de familias.

25N: acto na EGAP

O día 25 de novembro, día dedicado á loita contra a violencia de xénero, o Equipo de Igualdade e Apoio LGTBIQ+, a Aula de Teatro Teatrando no Fraguas, o coro e alumnado de 4º ESO  e de Bacharelato de Artes  levaron a cabo diferentes actividades para concienciar a comunidade educativa do problema que se segue a vivir con respecto a este tema tan preocupante para a sociedade.

É por iso que o venres 24 de novembro fixemos tres pases  dun acto no salón de actos da EGAP coa seguinte programación:

PERFORMANCE

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos