You are here25N: acto na EGAP

25N: acto na EGAP


By soniaiglesias - Posted on 01 Xullo 2024

O día 25 de novembro, día dedicado á loita contra a violencia de xénero, o Equipo de Igualdade e Apoio LGTBIQ+, a Aula de Teatro Teatrando no Fraguas, o coro e alumnado de 4º ESO  e de Bacharelato de Artes  levaron a cabo diferentes actividades para concienciar a comunidade educativa do problema que se segue a vivir con respecto a este tema tan preocupante para a sociedade.

É por iso que o venres 24 de novembro fixemos tres pases  dun acto no salón de actos da EGAP coa seguinte programación:

PERFORMANCE

Alumnado do Equipo de Igualdade iniciou o acto coa performance Pasoume a min, pasoulle a ela. 

LECTURA DO MANIFESTO

Alumnado do Equipo de Igualdade leuun manifesto polo 25N elaborado por integrantes  do mesmo 

TEATRO

A aula de teatro Teatrando no Fraguas, presentou a obra Malote.

O papel dos homes na loita pola iguladade, alumnado de 2º Bach D coordinado por Pepe Cabildo

RECITAL DE POESÍA.

O alumnado de portugués de 4º ESO A  fará unha actuación poético-musical. Texto colectivo a partir dos versos de Xiana Arias, Andrea Nunes e Luisa Villalta e música de Simón Felpeto.

Mariña, Sara, Jimena e Breixo . alumnado de 4º ESO, interpretou Malo de Bebe.

 

O coro do IES Antonio Fraguas coordinado por Olga Veiga finalizou o acto coa canción “Igualdade” .

Moitísimas grazas a todos e todas pola vosa participación e colaboración!

Tamén a EGAP por cedernos o salón de actos e ao  técnico de son por toda a axuda proporcionada. E a Susana, que elaborou unha marabillosa presentación para o acto e que reutilizamos para facer unha pequena reportaxe gráfica do acto que se adxunta a continuación.

AdxuntoTamaño
Acto 25 N_2.pdf1.42 MB
Etiquetas

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

  

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

Departamentos

Biblioteca