Skip to Content

Lingua Galega

Departamento Lingua Galega


  PROFESORADO

    • Alicia Rodiño
    • Malores Villanueva
    • María Xosé Rial 
    • Patricia López
    • Susana González
    • Xulián Martínez
    • Zeltia Barreira

Aquí tamén se fala 2024

O noso alumnado participa na campaña Aquí tamén se fala en colaboración co comercio da nosa zona. Moitos foron os locais que se adheriron a esta iniciativa grazas ao activismo da rapazada do centro que se implicou activamente.

En Coia fálase galego, como o demostran a multitude de comercios que puxeron nas súas portas o cartel. 

Graciñas! Aquí tamén se fala!

 

 

Lectura de contos a alumnado de infantil 2024

Despois de moitos anos, o alumnado de 2º da ESO de Reforzo de Lingua Galega volveu á escola infantil, agora como "os maiores", e foi moi emocionante.

Esta semana leron os seus contos ao alumnado de infantil do CEIP Illas Cíes e da Escola de Educación Infantil Cristo da Vitoria.

Grazas ás profes e á cativada polo entusiasmo que mostraron, tratáronnos de marabilla e o noso alumnado desfrutou moito a experiencia de facer un contiño e da posterior lectura.

Roteiro de Coia 2024

Esta semana alumnado de 2° de ESO participou nun roteiro polo noso barrio, Coia.

Un agradable paseo, cos profesores Luis e Xulián exercendo de guías pola nosa parroquia e centrado na súa toponimia, historia e espazos naturais. Un deles, o parque da Bouza, é un dos tres parques máis importantes da cidade, con máis de 30 especies diferentes de árbores, con zonas especiais onde crían moitas especies de fauna.

Esta xa é unha saída obrigada no noso centro e que lles permite coñecer e valorar máis a contorna onde vivimos.

Parlamento xove 2024

Os días 15 e 16 de marzo alumnado de 1º de bacharelato participou no Parlamento Xove 2024.

Constituíron dous equipos, o primeiro composto por Inés Cordón, Alba García, Julia Vidal e Erick Villaverde e o segundo por Samuel Panadeiros, Claudia Álvarez, Thalía Carreira e Noa Costas.

O tema a debater este ano era se os estados deben limitar o desenvolvemento da Intelixencia Artificial e enfrontáronse a tres centros de toda Galicia. Acompañados das súas profesoras Susana González e Malores Villanueva, o noso alumnado demostrou solvencia e así se reflicte nos seus resultados.

O herbario de Rosalía 2024

O alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de aprender un pouquiño máis sobre Rosalía de Castro nesta semana en que celebramos a nosa gran poeta, nada un 23 de febreiro. A través da estudosa María López Sández achegámonos á súa obra a través das referencias botánicas, unha regalía sen dúbida.

María López Sández é profesora de Didáctiva na USC, vicedecana da Facultade de Ciencias da Educación, escritora, estudosa e membroda Real Academia Galega, entre outros moitos méritos.

Pasamos unha mañá inesquecible.

Parlamento Xove 2024

Dous grupos de estudantes de 1º de bacharelato participan esta fin de semana na 15ª edición do Parlamento Xove. Levan varias semanas preparando xunto ás súas profesoras un interesante tema de debate:

Os Estados deben tomar medidas para limitar o desenvolvemento da intelixencia artificial?

Para seguir en directo a competición aquí tendes os enlaces para o streaming de YouTube:

Na seguinte ligazón tendes os horarios e as salas dos distintos debates nos que participan os equipos do centro.

 

Saída á sala Ártika 2024

Un ano máis o Departamento de Lingua Galega organizou unha saída á Sala Ártika.

Primeiro foi o alumnado de 4º da ESO gozou da representación da peza A mosca, que previamente traballaron na clase.

Unhas semanas despois foron os de 1º da ESO, nesta ocasión asistiron á estrea de Monstros. Coma sempre unha experiencia fantástica!

 

Visita ao Parlamento de Galicia 2024

O pasado xoves o alumnado de Afondamento realizou unha visita guiada polo Parlamento de Galicia. Este curso participamos nos Contratos Programa da Conselleria de Educación.

En marzo asistiremos ao concurso de debate Parlamento Xove con dous equipazos de mozas/os. O Parlamento é, ademais, espazo de exposición de artistas galegos contemporáneos. Ficamos abraiados coa súa colección!

Para aproveitar ben a viaxe, fixemos unha visita ao Museo do Pobo Galego.

Unha visita a Compostela do máis aproveitada, non si?

Mil primaveras máis para Cunqueiro 2023

O alumando de 1º e 2º da ESO realizaron o último día de clase antes das vacacións de Nadal unha serie de actividades relacionadas co escritor que dá nome ao noso instituto, Álvaro Cunqueiro. As monitoras foron alumnados de 1º de bacharelato que achegaron a figura do mindoniense ao alumnado máis novo do centro na data en que cumpriría 112 anos.

Mil primaveras máis para Cunqueiro!

Distribuir contido


by Dr. Radut