2023/09/27 - Reunión coas familias
REUNIÓN COAS FAMILIAS DA ESO
Convidamos ás familias do alumnado da ESO a acudir ao centro o próximo mércores 27 de setembro pola tarde. Serán recibidas en primeiro lugar polo equipo directivo e despois polo profesorado titor dos distintos grupos.
Cada nivel estará convocado a unha hora distinta. Por favor consulten o horario no seguinte enlace.
HORA | CURSO | ||
18:00 | 4º ESO | ||
18:20 | 3º ESO | ||
18:40 | 2º ESO | ||
19:00 | 1º ESO |
As familias do alumnado de bacharelato están convocadas á correspondente reunión o luns día 2 ás 18:30. Serán recibidas en primeiro lugar polo equipo directivo e despois polo profesorado titor dos distintos grupos.
Teñen a convocatoria dispoñible no seguinte enlace.