2023/11/23 - Axudas municipais a familias con fillos e fillas en ensino obrigatorio curso 2023/2024
Publicada a convocatoria para as axudas municipais de libros de texto. Pódese consultar as bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Como novidade nesta convocatoria, e de acordo coas bases reguladoras publicadas no BOPPO, todos os beneficiados da axuda no curso 2022/2023, nados no ano 2008 ou en anos posteriores, só precisarán entregar:
- Formulario de solicitude (anexo I)
- Declaración responsable
- IBAN da conta bancaria (só no caso de cambio de conta)
Para máis información poden consultar a páxina web do Concello de Vigo.
Como descargar o certificado de matrícula a través de ABALAR.