2024/06/06 - Premios extraordinarios ESO curso 2023-2024
Publicación da orde de convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023-2024.
O prazo de solicitudes será dun mes, comezando o 6 de xuño e rematando o 8 de xullo.
No seguinte enlace teñen unha folla informativa da Consellería coas novidades e características máis relevantes desta convocatoria e con consellos prácticos sobre o proceso de solicitudes.
O alumnado destinatario da convocatoria é aquel con nota media na ESO igual ou superior a nove puntos.
Dende a Consellería pregan que os informemos dos seguintes aspectos:
a) A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación PremiosEdu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos.
b) Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes.