Skip to Content

Concurso Verso en Lúas curso 21-22. Edición XI



XI CONCURSO DE PORTADAS VERSO EN LÚAS DO IES RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA

Os Departamentos de Lingua inglesa, Lingua castelá e Lingua galega convocan o XI concurso VERSO EN LÚAS:

BASES

    PARTICIPANTES: Poderán participar os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º ESO e FP Básica. Fóra de concurso, calquera membro da comunidade educativa pode presenta-los seus traballos. Crearase unha categoría para bacharelato se a calidade dos traballos o merece.

    PREMIOS: establécense dous primeiros premios: un para alumnos de 1º e 2º ESO e outro para os de 3º e 4º e FP Básica. Os premios serán vales por valor de 50 euros.

    TRABALLOS: pódense entregar ata un máximo de 2 portadas. O alumno elexirá libremente o formato da súa proposta, deseñando unha ilustración orixinal a xeito de portada a partir dun texto literario (un poema, un relato, unha novela...). No caso de que sexa alleo, debe figurar claramente o nome do autor. Non se admitirán traballos con contidos ofensivos.

    LINGUA: O alumno pode presentar os traballos en inglés, galego ou castelán.

    PRESENTACIÓN: o alumno presentará a portada dun texto, con ilustracións, orixinais e inéditas. Ante calquera dúbida, os alumnos poden dirixirse ós xefes de departamento de inglés, castelán ou galego.

    DATAS: os traballos serán entregados antes do 20 de febreiro de 2021.

    XURADO: o xurado do concurso estará composto por membros dos Departamentos de lingua castelá, inglesa e galego. Valorarase especialmente a orixinalidade da presentación e dos contidos.





page | by Dr. Radut