Os Departamentos de Lingua Inglesa, Lingua Castelá e Normalización Lingüística convocan o IX Concurso de creación VERSO EN LÚAS do IES "Ramón María Aller Ulloa" coas seguintes BASES
1. PARTICIPANTES: Poderán participar os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º ESO e Formación Profesional Básica. Fóra de concurso, calquera membro da comunidade educativa pode presenta-los seus traballos.
2. PREMIOS: establécense tres primeiros premios de 50 euros.
3. TRABALLOS: pódense entregar dous tipos de traballo: unha portada orixinal, ilustrada, sobre un texto literario, propio ou alleo; ou unha proposta de poesía visual. O alumno elexirá libremente a forma do seu traballo, coa única condición de que inclúa un fragmento dun texto literario, propio ou alleo. No caso de que sexa alleo, debe figurar claramente o nome do autor. Non se admitirán traballos con contidos ofensivos.
4. LINGUA: O alumno pode presentar os traballos en inglés, galego ou castelán.
5. PRESENTACIÓN: no caso da primeira opción, o alumno presentará a portada dun libro, na que figure o título da obra e o autor. Suxírese o uso de cartulina tamaño folio. A portada incluirá ilustracións, orixinais e propias. O traballo poderá incluir un fragmento do texto escollido, un resumo do mesmo ou ben un texto literario propio que se inspire no manual escollido. No caso da categoría de poesía visual, o formato é libre. Ante calquera dúbida, os alumnos poden dirixirse ós xefes de departamento de inglés, castelán ou normalización lingüística.
6. DATAS: os traballos serán entregados antes do 25 de febreiro de 2020.
7. XURADO: o xurado do concurso estará composto por membros dos Departamentos de Lingua Castelá, Normalización lingüística e Lingua inglesa. Valorarase a orixinalidade da presentación e dos contidos.
En Lalín, a 8 de xaneiro de 2020
Os xefes de Departamento