1. Exposición-Obradoiro-Concurso .
Duración: 2 horas; co apoio de 8 monitores/as e 15 robots lego EV3, cun sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control.
Cada grupo comeza o seu percorrido cunha presentación e iniciará a familiarización co robot e coa linguaxe icónica de programación EV3.
A continuación realizarán o obradoiro interactivo, conformado por unha serie de postos cun ordenador e un pack lego xa preensamblado de diversas actividades interactivas, no que realizarán os primeiros programas de forma titorizada por monitorares/as e trasladaranos aos robots para que procedan a executalos e contrasten as accións realizadas coas programadas, coa finalidade de darlle vida e facerlle funcionar ao robot.
2. Fase de concurso:
Por último, entregóuselles unha serie de desafíos de dificultade progresiva a resolver en pequeno grupos de 4 alumnos mediante traballo colaborativo. As tarefas implicarán unha programación sinxela dun robot e unha adaptación a nivel construtivo.
Por cada desafío realizado correctamente, asignaráselles unha puntuación predeterminada que, unha vez sumada, determinará o seu posto na clasificación final do concurso.
A pesares das boas puntuacións de 3 grupos do centro, estas non foron suficientes para acadar un dos 2 premios das súas categorías.
A saída extraescolar completouse cunha visita cunha visita dunha hora á Casa das Ciencias de A Coruña, na que os alumnos experimentaron con diversos módulos interactivos que buscan fomentar a curiosidaade pola física.