curso 2023-2024
RITUAIS
Proxecto de instalación artística
O departamento de artes, baixo a dirección do profesor Pedro Cascallana, e coa inestimable axuda dos seus alumnos de artes, prepararon unha exposición multimedia titulada Rituais. Os curiosos que se acheguen ao noso centro terán ocasión de contemplar unha serie de recreacións multimedia sobre a Galicia máxica. Os temas que tratan, entre outros son: a Virxe do Corpiño, o Diaño, o Espantallo, a Coca, a Maruxaina, a Santa Compaña etc.
Deixamos un enlace ao seu blogue onde explican con máis detalle a súa obra.
Se non pasades por aquí... non teredes a sorte de poder vela!!!!
Graduación de 2º de Bach.
Promoción 2022-2024
2º A
2º B
2º C
Concurso Literario Mª Vitoria Taboada : Veredicto e textos premiados
O xurado do XI Concurso Literario Mª Vitoria Taboada acordou por unanimidade outorgar os seguintes premios:
1º premio na categoría de relato curto a NOA GIL ROZADOS polo relato "Euxea", pola imaxinativa posta en escena dos atractivos da paixón lectora nun tempo que conspira constantemente contra ela.
Accésit na categoría de relato curto para NOA GIL ROZADOS polo relato titulado "A tronada", por expresar e denunciar con valentía mediante a literatura a traxedia e drama do alcoholismo no ámbito familiar.
1º premio na categoría de poesía para AROA AMORÍN NEGRO polo conxunto de poemas titulados, respectivamente “As paces coa casa”, “Catarse” e “Obsesiva”; por expresar de forma directísima, pero perspicaz e sensible, as complexidades das experiencias familiares e amorosas, e o seu impacto mantido ao longo do tempo.
Accésit na categoría de poesía para LEDICIA SILVA FERNÁNDEZ polo conxunto de poemas titulados, respectivamente, “Comecei con medo”, “Un nubeiro” e “E agora por fin”; por reflectir con sinceridade e delicadeza as trampas das amizades tóxicas.
O xurado considerou deixar deserto o premio de sketch teatral.
A entrega de premios terá lugar na Biblioteca do instituto o luns 20 de maio.
A edición do libro cos textos premiados estará acompañada de ilustracións que realizará o alumnado do Bacharelato de Artes e que presentaremos no seu momento.
Kareal 25
O departamento de Lingua castelá do IES R.M. Aller Ulloa publicou o número 25 da revista KaReal, en versión en papel e dixital. Nesta ocasión inclúe obradoiros de microrrelatos, publicidade e creación en xeral, en galego, castelán e galego, así como un apartado especial centrado no mundo do cinema. Na parte final oímos a voz do escritor Fran Alonso, un artista polivalente ao que debemos creacións de poesía visual, literatura multimedia, crónica ou biografía, e que fala nesas páxinas precisamente das súas influencias, as súas lecturas ou os seus proxectos inmediatos. O próximo número publicarase en decembro de 2024.
Visita ás Médulas 2024
O día 7º das Kalendas de maio do ano MMDCCLXXVII (2777) AB URBE CONDITA, fomos a buscar o ouro romano ás Médulas. En honra á verdade, temos que dicir que non atopamos nada, nen sequera unha faragulliña. O que atopamos foi unha paisaxe extraordinaria (patrimonio da humanidade), e unha visión de 1ª man do que foi a explotación aurifera naquela época. Tedes aquí algunhas imaxes do periplo.
Innovarte 2024
Parte do alumnado do bacharelato de artes do noso instituto visitou INNOVARTE'24 no centro Gaiás na Cidade da Cultura. Coñeceron de primeira man a oferta educativa relacionada coas ensinanzas artísticas na nosa comunidade e participaron nun taller de estampación e noutro de modelado sobre maniquí.
Grupo Kale Kela: Un mundo POP-UP
ir ao álbum ^
O grupo Kale/kela do IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín presenta, no vestíbulo do centro, a exposición "Un mundo Pop Up", ofrecendo unha experencia lectora, viaxeira e, en xeral, cultural, a través de personaxes e lugares diferentes. Para iso, empregamos a técnica do POP UP: trátase de despregables nos que a apertura dunha carátula, páxina ou portada dá paso á formación da figura. Por iso, nesta exposición hai unha sorpresa detrás de cada proposta. Fixemos nesta ocasión varios obradoiros nos que poderás atopar tarxetas, carteis ou portadas cos despregables. Son o froito de obradoiros de creación literaria e plástica, tamén cos obradorios de ciencia e historia sobre lugares emblemáticos do planeta. A exposición divídese, polo tanto, en varias seccións: a zona de pop up con relatos literarios; a xona de xogos; o espazo musical; o espazo de historia e o recuncho dos experimentos científicos. Participa alumnado dos diferentes cursos de ESO e de 1º BACH.
XIII Concurso nacional Avelina Lamas
Premios do xurado
O xurado do XIII Premio Nacional Avelina Lamas, convocado polo departamento de Lingua castelá e literatura do IES R.M.Aller Ulloa, acordou por unanimidade, unha vez revisados os 114 traballos presentados a concurso, conceder os seguintes premios:
Verso en lúas
As gañadoras do XIII concurso de portada de libros "Verso en lúas", convocado polos departamentos de Lingua galega, Lingua inglesa e Lingua castelá do IES R.M.Aller Ulloa, foron:
1º PREMIO (EX AEQUO): UXÍA SIMÓN PORRAL
Día internacional da muller
Con motivo do Día internacional da muller, que se celebra o 8 de marzo, no vestíbulo do centro está pendurarda unha galería de mulleres galegas senlleiras nos seus campos de traballo: arte, literatura, ciencia... As imaxes, froito dun obradoiro do grupo Kale, van acompañadas dunha breve biografía de cada unha destas ilustres figuras.
XI concurso literario "Mª Vitoria Taboada"
O IES “Ramón Mª Aller Ulloa” convoca o XI Concurso literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral, dirixido ao alumnado de ensino secundario, ciclos formativos de grao medio e FPB matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
As bases atópanse no enlace da imaxe.
Alumnado de oratoria: Os dereitos humanos
O alumnado de 3º e 4º da ESO da materia de "Oratoria", no marco do proxecto Kale, elaborou varios traballos relacionados cos dereitos fundamentais da humanidade: a unha vivenda digna, á non discriminación por cuesitón de xénero ou raza ou á liberdade de expresión, entre outros. No vestíbulo do centro pódese ver unha mostra do obradoiro.
Verso en lúas
Un ano máis, os departamentos de lingua galega, lingua inglesa e lingua castelá convocan o Concurso "Verso en lúas", xa na súa XIII edición. Animádevos a participar!
Exposición "A música da nosa vida"
A exposición "A música da nosa vida" do grupo Kale ofrécevos unha viaxe por algúns grupos e cantantes que marcaron a cultura popular. Son a melodía das nosas vidas porque foron escollidas polo que representan da man dos seus padriños, o alumnado participante, en cada traballo desta mostra. Así conviven respectuosamente distintos xéneros e estilos, sen ningún afán abarcador, pois do que se trata é de dar testemuño dunha memoria emocional a través da música: o que representan para nós, a súa importancia para facernos rir, reflexionar, quizáis ás veces chorar... A exposición divídese en varias seccións: a zona de maquetas ofrece instrumentos a escala ou lugares que aparecen recreados en cancións populares; a de títeres inspírase en distintas melodías; as de caretas ocúpase de cantantes emblemáticos da música en castelán, galego ou francés; ou a de ciencias convida a experimentar coa emisión do son. En definitiva, unha viaxe pola música, polas medolías da nosa vida.
XIII Concurso nacional Avelina Lamas
"O Departamento de Lingua castelá do IES R.M.Aller Ulloa convoca o XIII Premio nacional Avelina Lamas, no que poden participar alumnos de secundaria de calquer centro español, así como aqueles de centros extranxeiros nos que se impartan clases de castelán. Mantéñense as tres categorías de portada de libros, marcapáxinas e poesía visual".
As bases atópanse no enlace da imaxe.
Kareal 24
O departamento de Lingua castelá do IES R.M. Aller Ulloa publicou o número 24 da revista KaReal, en versión en papel e dixital. Nesta ocasión inclúe obradoiros de creación en galego, inglés e castelán, e unha entrevista ao escritor Séchu Sende. O próximo número publicarase en xuño de 2024.
curso 2022-2023
Graduación de 2º de Bach.
Promoción 2021-2023
X concurso literario Mª Victoria Taboada: veredicto e textos premiados
O xurado do X Concurso Literario Mª Vitoria Taboada acordou por unanimidade outorgar os seguintes premios:
1º premio na categoría de poesía para AROA AMORÍN NEGRO polo conxunto de poemas titulados, respectivamente, “Prométeme máis cousas”, “Namorei hai tempo” e “Moitas veces quixen que vivises”; por expresar con fermosa e resignada ironía os paradoxos do sentimento amoroso: desde o engano consentido ata a esperanza, malia o fracaso, pero pasando sempre pola perplexa e apaixonada inmersión nos seus labirintos.
Accésit na categoría de poesía para RAQUEL MONTOTO GÓMEZ polo conxunto de poemas titulados, respectivamente, “Un mundo sen min”, “Cinco liñas e catro espazos” e “Desesperación”; por ser exemplo salientable dunha poesía reflexiva que afronta con precisión a análise dunha experiencia humana universal: a loita entre as imposicións sociais e culturais e o desexo de liberdade individual.
1º premio na categoría de relato curto a MIGUEL SALGADO ABRÁLDES (pseudónimo) polo relato "Isto é", polo axeitado uso da sorpresa, humor e ironía para limar as diferenzas entre humanos e animais.
Accésit na categoría de relato curto para NOELIA IGLESIAS VÁZQUEZ polo relato titulado "O galego e eles", por reivindicar a tolerancia e a comprensión ante a diversidade de formas de ‘ser’ galegos.
O xurado considerou deixar deserto o premio de sketch teatral.
A entrega de premios terá lugar na Biblioteca do instituto o luns 22 de maio nun acto poético-musical.
A edición do libro cos textos premiados estará acompañada de ilustracións que realizará o alumnado do Bacharelato de Artes e que presentaremos no seu momento..
Pódense ver os textos no enlace da imaxe.
Kareal 23
O departamento de Lingua castelá do IES R.M. Aller Ulloa publicou o número 23 da revista KaReal, en versión en papel e dixital. Nesta ocasión inclúe obradoiros de creación en galego e castelán, e unha entrevista ao escritor Miro Villar. O próximo número publicarase en decembro de 2023
Relación de gañadores do XII Premio Nacional Avelina Lamas
O xurado do XII Premio Nacional Avelina Lamas, convocado polo departamento de Lingua castelá e literatura do IES R.M.Aller Ulloa, acordou por unanimidade, unha vez revisados os 72 traballos presentados a concurso, conceder os seguintes premios:
1. CATEGORÍA DE MARCAPÁGINAS:
-Primer premio: Iria Estévez Colmenero (IES Lamas de Abade, Santiago de Compostela).
-Segundo premio: Ainara Fernández Sueiro (IES de Meaño).
2. CATEGORÍA DE PORTADA DE LIBROS:
-Primeiro premio: Ilona Tombor-Madarassy (Vetésy Albert Gimnázium, Veszprém, Hungría).
-Segundo premio: Carla Giribet Borrás (Col-legi Sant Ermengol, Andorra La Vella, Principado de Andorra).
-Terceiro premio: Valeria García Zaytseva (IES Alhamilla, Almería).
3.CATEGORÍA DE POESÍA VISUAL
-Primeiro premio: Mila Delgado (IES Navarro Villoslada, Pamplona).
-Segundo premio: Ágnes Schmidt (Vetésy Albert Gimnázium, Veszprém, Hungría).
-Terceiro premio: Anuar Egozcue Sghir (IES Navarro Villoslada, Pamplona).
Aldeas do mundo
Quen somos? Cómo se manifesta a diversidade cultural da humanidade? Cales son os lazos en común, os camiños da diversidade que mostran a riqueza das diferentes culturas que debemos coñecer e promover? Estas son algunhas das preguntas das que nace este proxecto, "Aldeas do mundo". Para iso, a idea xeral busca traballar con distintas manifestacións culturais, históricas, artísticas e literarias no noso planeta, a través de distintos obradoiros organizados polo profesorado participante nas aulas de secundaria, cuxos resultados aparecen nesta mostra conxunta final no vestíbulo do instituto. Na área de plástica e visual elaboráronse títeres sobre personaxes da literatura universal, mentres que nas linguas (galego e castelán), linguas extranxeiras (inglés, francés) e informática deseñáronse campañas de promoción de países de fala inglesa e francesa, e sobre cultura universal, con carteis despregables. Desde física e química traballaron nun obradoiro con experimentos de aula, e nas matemáticas con xogos lóxico-matemáticos. Na área de historia, finalmente, fixeron guías de viaxe sobre determinados periodos históricos, e maquetas con edificacións humanas. E na de música, crearon partituras artesanais. Todo para fortalecer a pregunta inicial: quen somos? qué nos une? cal é parte do legado cultural que poderiamos coñecer e transmitir?.
Gañadoras do XII concurso Verso en Lúas
O xurado do XII Concurso Verso en lúas, convocado polos nosos departamentos de lingua castelá, lingua inglesa e lingua galega, acordou conceder dous primeiros premios, ás alumnas de 1º ESO Daniela Pérez Diéguez e Irene Álvarez Conde. Como en cursos pasados, as alumnas recibirán un diploma, e un vale de 50 euros. Parabéns!
Día internacional da muller
Con motivo do Día internacional da muller, que se celebra o 8 de marzo, no vestíbulo do centro pode verse unha pequena galería de mulleres galegas pioneiras ou esenciais nos seus campos de traballo: arte, literatura, ciencia....
XII concurso Verso en Lúas
Os departamentos de lingua galega, lingua inglesa e lingua castelá convocan o XII Concurso "Verso en lúas". Animádevos a participar! As bases completas, no enlace da imaxe.
X concurso literario
Mª Victoria Taboada
O IES “Ramón Mª Aller Ulloa” convoca o X Concurso literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral, dirixido ao alumnado de ensino secundario, ciclos formativos de grao medio e FPB matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
As bases están no enlace da imaxe.
De cine
(Kale/Kela)
No vestíbulo do IES R.M.Aller Ulloa está a mostra "De cine" do grupo interdisciplinario Kale/Kela, coa que se buscaba traballar o mundo do cinema, e especialmente a súa relación con outras artes: pintura, música, literatura..., a través de diferentes prácticas de aula e obradoiros en varios cursos da ESO e bacharelato. Así, fixéronse claquetas artesanais, con acontecementos históricos e a súa recreación no cine; máscaras co rostro de artistas da séptima arte en cartulina ou semellante e vídeos coa presentación da personaxe en cuestión; cámaras escuras; creación de negativos artesanais (imitando o celuloide fílmico) con historias fabuladas inspiradas en material fílmico; deseño de elementos dunha orquestra imaxinaria, de instrumentos artesanais (reais ou non), para executar bandas sonoras dalgún filme; e diversos carteis orixinais de películas creados polo alumnado participante. O grupo interdisciplinar Kale/Kela está formado por profesorado dos departamentos de historia, plástica, inglés, lingua castelá, lingua galega, matemáticas, francés, física e química e xeografía e historia.
Revista Kareal
O departamento de Lingua castelá do IES R.M. Aller Ulloa publicou o número 22 da revista KaReal, en versión en papel e dixital. Nesta ocasión inclúe obradoiros de creación en galego, casteln e inglés, e unha entrevista ao escritor Antonio Piñeiro. O próximo número publicarase en maio de 2023
Quen son?
Quen son? No vestíbulo do centro podemos atopar un reto para descubrir un personaxe misterioso. Poderás ler cinco pistas... Atréveste?
XII Premio nacional Avelina Lamas
"O Departamento de Lingua castelá do IES R.M.Aller Ulloa convoca o XII Premio nacional Avelina Lamas, no que poden participar alumnos de secundaria de calquer centro español, así como aqueles de centros extranxeiros nos que se impartan clases de castelán. Mantéñense as tres categorías de portada de libros, marcapáxinas e poesía visual".
As bases atópanse no enlace da imaxe.
curso 2021-2022
Entrega de premios aos gañadores do
IX concurso Mª Victoria Taboada
O xurado do IX Concurso Literario Mª Vitoria Taboada acordou por unanimidade outorgar os seguintes premios:
1º premio na categoría de poesía para ANDREA SEGADE ROZAS polo conxunto de poemas titulados, respectivamente, “Concúbito”, “Afliçâo” e “Compaña de chorimas”; por describir a fisicidade absoluta coa que se vive o erotismo e os estados de ánimo máis extremos (desesperanza / esperanza) cunha precisa e rica expresión lingüística, amparada na natureza en moitos dos seus versos como fonte de metáforas.
1º premio na categoría de relato curto a ANA NOVO CUÑARRO polo relato "A Cuba do 36", unha perspicaz e inusual recreación das imprevisíbeis consecuencias das políticas de odio, vinganza e represión da ditadura franquista, orixe de comportamentos indesexábeis nunha sociedade condicionada polo medo.
O xurado considerou deixar deserto o premio de sketch teatral
No enlace da imaxe están as fotos da entrega de premios.
Visita ao IES de Vilamarín e ao CIFP A Carballeira (Ourense)
Ao longo do mes de abril o Departamento de Orientación organizou unha visita ao IES “de Vilamarín” (Vilamarín, Ourense) e ao CIFP “A Carballeira” (Ourense) cos alumnos e alumnas de FP Básica. Coñecemos a súa oferta formativa e recibimos todo tipo de información sobre os estudos e as saídas laborais dos mesmos. Aproveitamos para agradecer o trato recibido.
No enlace da imaxe están as fotos da visita.
O departamento de Lingua castelá do noso centro publicou o número 21 da revista KaReal, en versión en papel e dixital. Nesta ocasión inclúe apartados de poesía visual e ilustración de libros, e unha entrevista ao escritor Xoan Carlos Domínguez Alberte. O próximo número publicarase en decembro de 2022.
Pódense ver todos os números publicados no enlace permanente da revista aquí mesmo, na marxe dereita.
Visita ao IES de Montecelo
O vernes 1 de abril os alumnos de 1º e 2º do bacharelato de artes do IES Aller Ulloa realizaron unha visita ao IES Montecelo.
O profesorado do IES Montecelo explicoulles o funcionamento do Ciclo medio de preimpresión dixital, o ciclo medio de impresión gráfica e o ciclo superior de Deseño e xestión de produción gráfica. Posteriormente visitaron os talleres dos distintos ciclos.
Máis tarde no museo provincial realizaron unha visita guiada centrada na pintura e escultura galega do século XIX e XX, prestando especial atención á obra de Castelao. No decurso da visita o alumnado participou nun simulacro de evacuación das instalacións do museo, colaborando deste xeito na comprobación e mellora das medidas de seguridade do museo.
No enlace da imaxe atópase o álbum da visita
O xurado do XI premio nacional Avelina Lamas, convocado polo departamento de lingua castelá e literatura, unha vez valorados os 42 traballos presentados, acordou por unanimidade conceder os seguintes premios:
XI PREMIO NACIONAL AVELINA LAMAS: GALARDOADOS
CATEGORÍA: PORTADA DE LIBROS
1º Premio. LUCÍA RUIZ NÚÑEZ. IES MEDITERRÁNEO, Cartagena (Murcia).
2º Premio. EX AEQUO.
ENZO TOUCEDA RODRÍGUEZ. Col.legi Sant Ermengol, Andorra la Vella
GERARD ESTRADA QUINQUILLÁ. Col.legi Sant Ermengol, Andorra la Vella
3º Premio. NURIA SINFREU ABAD. Col.legi Sant Ermengol, Andorra la Vella
CATEGORÍA: POESÍA VISUAL
1º PREMIO. CELIA ÁNGEL PÉREZ. IES MEDITERRÁNEO, Cartagena (Murcia).
2º PREMIO. LAURA VIKTÓRIA TAMÁS. Instituto Kodály Zoltán de Pécs, Hungría.
3º PREMIO. YARA FRANCO CASTRO. IES de Valga.
CATEGORÍA: MARCAPÁXINAS
1º PREMIO. IRENE CONESA ASENSI. IES MEDITERRÁNEO, Cartagena (Murcia).
2º PREMIO. ROCÍO RODICIO GONZÁLEZ. CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús (Ourense)..
Os nosos parabéns.
Xogar, aprender
O grupo Kale/Kela, do IES R.M.Aller Ulloa, expón no vestíbulo do centro a mostra Xogar, aprender. Esta busca desenrolar tarefas baseadas en ideas propias da gamificación ou ludificación. Na área de INGLÉS buscouse entender algunhas dinámicas dunha canle de radio creando podcast sobre diferentes contidos, como curiosidades. A de FRANCÉS ofrece un Alfabeto ilustrado con diferentes campos léxicos e semánticos. Na de HISTORIA deseñouse un convite especial, con Menús sobre personaxes e acontecementos de diferentes épocas. Nas de CASTELÁN e GALEGO naceu unha aldea de lendas. Na de MATEMÁTICAS, xogos interactivos; na de FÍSICA, roscos sobre curiosidades. Ou, finalmente, na de MÚSICA maquetas de novos instrumentos; e na de PLÁSTICA, ilustracións de caras desde diferentes puntos de vista. Colaborou tamén o grupo de sexto A do CEIP Xesús Golmar.
Visita de Antón Iglesias ao noso centro
Na aula taller do instituto o artista lalinense Antón Iglesias explicou ao alumnado do bacharelato de artes a súa obra.
No decurso da charla os alumnos realizaron unha serie de apuntamentos da relación do artista coa pintura ao longo dos seus máis de coarenta anos de traballo.
Gañadores do XI premio de creación "Verso en Lúas"
"O xurado do XI premio de creación "Verso en lúas" do IES R.M.Aller Ulloa de Lalín, convocado polos departamentos de Lingua castelá, galego e inglés, acordou recoñecer os traballos de Carlota Gutiérrez Carral e David Fuentes Diéguez, alumnos de primeiro da ESO".
Moitos parabéns!!
IX Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral
Imaxe: Iria Donsión Fernández
O Instituto Ramón Mª Aller Ulloa convoca o IX Concurso Literario MªVitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral, dirixido ao alumnado de ensino secundario, ciclos formativos de grao medio e FPB matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Deixamos as BASES no enlace da imaxe.
Sorte a tod@s
Concurso Verso en Lúas XI
Os Departamentos de Lingua inglesa, Lingua castelá e Lingua galega convocan o XI concurso VERSO EN LÚAS.
Deixamos as BASES no enlace da imaxe.
Sorte a tod@s
Na ÁREA DAS LINGUAS fixéronse Máscaras artesanais, con cara de figuras senlleiras na historia dahumanidade, cunha tira cronolóxica cos principais fitos biográficos.
Na ÁREA DE PLÁSTICA E VISUAL fixéronse Paneis figurativos con representacións humanas coas vestimentas doutras épocas, e ilustracións etnográficas.
Na ÁREA DAS LINGUAS EXTRANXEIRAS (inglés, francés..) vídes, sobre momentos da historia da humanidade destacables para o progreso e o benestar común, para os dereitos colectivos, para o coidado do medio, etc, a través dun concurso televisivo figurado.
Na ÁREA DAS CIENCIAS aportáronse paneis de avances da ciencia ao longo dos tempos; e xogos que teñen como patrón un eixo cronolóxico.
Na ÁREA DE HISTORIA fíxose a creación de cápsulas e rodas do tempo, que inclúen acontecemos significativos en períodos concretos da humanidade (un ano, un lustro...), así como un percorrido pola historia da vestimenta.
Na de MÚSICA, maquetas con instrumentos musicais, e unha breve explicación da súa historia.
Un proxecto interdisciplinario, con vocación integradora e multicultural.
O Departamento de Lingua castelá do IES R.M.Aller Ulloa convoca o XI Premio nacional Avelina Lamas, no que poden participar alumnos de secundaria de calquer centro español, así como aqueles de centros extranxeiros nos que se impartan clases de español. Mantéñense as tres categorías de portada de libros, marcapáxinas e poesía visual.
O departamento de Lingua castelá do noso centro publicou o número 20 da revista KaReal. Nesta ocasión inclúense caligramas, campañas publicitarias, relatos, e unha entrevista ao escritor Xosé María Álvarez Cáccamo. Anímase a todos os membros da comunidade educativa a participar. O próximo número publicarase en xuño de 2022.
curso 2020-2021
Graduación de 2º de Bach.
Promoción 2019-2021
Visita ao Espazo Xove de Lalín
Os estudantes de 1º do bacharelato de artes visitaron o día 7 de xuño o Espazo Xove de Lalín. Recorreron as instalacións e coñeceron as distintas actividades que poden facer, visitaron a exposición de banda deseñada e de ilustracións de Miguel Pérez Ramudo e realizaron en grupo varias actividades relacionadas coa observación dos debuxos. A visita rematou realizando un mapa mental (Visual thinking) colaborativo. Achegamos as imaxes-resumo das diferentes actividades que se poden realizar no Espazo Xove de Lalín.
31 de maio, día mundial sen tabaco
Aquí vos deixamos o vídeo promovido polo Servizo de Prevención de Adiccións do Concello en colaboración co Espazo Xove de Lalín para sensibilizar sobre o impacto do tabaquismo na saúde no que se recrea a través dun videoxogo clásico os riscos do consumo de tabaco. O vídeo foi realizado por Brais Montoto Asorey, alumno de ciclo de informática do noso centro e foi presentado o día 29 de maio durante a charla de Manuel Isorna da Escola de Familias.
Moitos parabéns, Brais!
Kareal XIX
O departamento de Lingua castelá do noso centro publicou o número 19 da revista KaReal. Nesta ocasión inclúense cómics, relatos, e unha entrevista ó poeta Xerardo Quintiá. Anímase a todos os membros da comunidade educativa a participar. O próximo número publicarase en decembro de 2021
Resolución do xurado do VIII concurso literario Mª Victoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral
- 1º premio na categoría de poesía para ANDREA SEGADE ROZAS
- 1º premio na categoría de relato curto a ANA NOVO CUÑARRO
- Accésit na categoría de relato curto paraVICENTE JOSÉ MOSQUERA VALERO
Kale/Kela: Emilia Pardo Bazán
Neste ano 2021 celebramos o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán. O grupo de innovación Kale/ Kela do noso centro fai un pequeno percorrido pola súa figura e pola doutras mulleres coas que compartiu contextos vitais, temporais ou de creación, coa colaboración do grupo 5ºA do CEIP Xesús Golmar. Nesta exposición compartimos parte dos traballos realizados polo alumnado, e unha versión máis completa, que inclúe material audiovisual, estará dispoñible proximamente na web do grupo.
Concurso "Odisea 2021"
O pasado mércores día 14 de abril, un dos nosos alumnos, Melvin Ibarra Soto (2ºC de bacharelato), enfrontábase en solitario contra tres adversarios ferroláns no desempate da fase galega do Concurso Odisea 2021 despois de igualar a puntos co equipo do IES de Canido de Ferrol e superar aos restantes 162 equipos. Finalmente vencérono por unha estreita marxe, pero este 2º posto sabe a 1º, sen ningunha dúbida!
Deixamos aquí un vídeo cos seus comentarios sobre a súa participación.
Moitos parabéns, Melvin!
X concurso nacional "Avelina Lamas"
Relación de premiad@s
O xurado do X Premio Nacional Avelina Lamas, convocado polo departamento de Lingua castelá e literatura do IES R.M.Aller Ulloa, acordou por unanimidade, unha vez revisados os 60 traballos presentados a concurso, conceder os seguintes premios:
1. CATEGORÍA DE MARCAPÁGINAS:
-Primer premio: Rocío Rodicio González. CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús, Ourense.
-Segundo premio: Alejandra Quiñoy Miramontes. IES Lamas de Abade, Santiago de Compostela.
2. CATEGORÍA DE PORTADA DE LIBROS:
-Primer premio: Dafne Robles García. IES Hermanos D'Elhuyar, Logroño.
-Segundo premio: Carmen Acosta Suárez. IES Hermanos D'Elhuyar, Logroño.
-Tercer premio: Norhaili Mauzol Segoua. IES Lamas de Abade, Santiago de Compostela.
3.CATEGORÍA DE POESÍA VISUAL: -Primer premio: Marco Dematteis. Liceo Classico Statale Carlo Botta, Ivrea (Turín).
-Mención de honor: Maroua Guerrouj, IES Manuel Tárraga Escribano. San Pedro del Pinatar (Murcia).
Gracias a tod@s pola participación e parabéns aos/ás gañadores/-as
Unha aldea global en perspectiva de xénero
O grupo interdisciplinario Kale/Kela do noso centro expón os traballos do proxecto "Unha aldea global, en perspectiva de xénero". Ante as circunstancias actuais, esta acomódase no formato virtual, mostrando os materiais dos diferentes obradoiros na súa páxina web . Alí atoparedes o obradoiro de teatro de sombras sobre mulleres senlleiras, os obradoiros de xufraxismo, a galería de arte con ilustracións de mulleres esenciais na cultura humana, ou vídeos sobre a diversidade xenética ou sobre a loita polos dereitos civís das mulleres ao longo da historia. Que o desfrutedes!!
Xa temos os gañadores do concurso de deseño de máscaras
No enlace da imaxe tedes as fotos dos premiados
Boas festas!
X CONCURSO DE PORTADAS "VERSO EN LÚAS" DO IES RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA
Nadal 2020
A Comunidade Educativa do IES Ramón Mª Aller Ulloa deséxavos a tod@s un Bo Nadal 2020 e un bo comezo do ano 2021.
Premio Inspiraciencia
Comprácenos anunciar que o alumno de 1º do Bacharelato Adrián Llinares Juiz vén de gañar o concurso de relatos "Inspiraciencia", organizado polo CSIC, na categoría de 12 a 17 anos co relato "El amor es pura química... y la familia también".
Moitos parabéns, Adrián!
VIII concurso literario Mª Victoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral
Bases
O Instituto Ramón Mª Aller Ulloa convoca o VIII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral, dirixido ao alumnado de ensino secundario, ciclos formativos de grao medio e FPB matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Kareal XVIII
"O departamento de Lingua castelá do noso centro publicou o número 18 da revista KaReal. Nesta ocasión inclúense traballos de poesía visual, relatos, os finalistas do IX Premio Nacional Avelina Lamas, e unha entrevista á poeta Mariña Pérez Rei. Anímase a todos os membros da comunidade educativa a participar. O próximo número publicarase en xuño de 2021".
VII concurso literario Mª Victoria Taboada. Os premios
Na categoría de relato curto resultou gañadora ANA NOVO CUÑARRO polo relato presentado baixo o lema “Por que só nos sentimos...”; o xurado valorou ser quen de suxerir, cunha linguaxe próxima á poesía, a experiencia inefable da tristeza e da alegría como sensacións privadas que conforman toda vida.
Na categoría poesía resultou gañadora ANDREA SEGADE ROZAS polo conxunto de poemas titulados, respectivamente, “[A vida,]”, “Ela...” e “A venda”; por conseguir expresar, coa precisión dunha eficaz linguaxe poética próxima ao sentencioso, sensacións universais coma o desconcerto ante o paso do tempo, e os medos e renuncias que nos xera a procura da felicidade.
O xurado considerou deixar deserto o premio de sketch teatral.
A entrega de premios terá lugar na biblioteca do instituto, o 24 de novembro, ás 11:20, nun breve acto, condicionado este polas medidas anti-COVID-19.
X Premio nacional "Avelina Lamas".
Deixamos no enlace da imaxe as bases do concurso que, como vedes, xa vai pola décima edición.
Sorte a tod@s!
Gañadores do IX Concurso Nacional de Creación
“Avelina Lamas”.
"O xurado do IX Premio Nacional Avelina Lamas, convocado polo departamento de Lingua castelá e literatura do IES R.M.Aller Ulloa, acordou por unanimidade, unha vez revisados os 130 traballos presentados a concurso, conceder os seguintes premios:
1º PREMIO. CATEGORÍA DE PORTADA DE LIBROS: DANIEL JIMÉNEZ ESCUDERO. IES RIBEIRA DO LOURO (O PORRIÑO).
2º PREMIO. CATEGORÍA DE PORTADA DE LIBROS: LORENA LOUREIRO VIÉITEZ. IES “GONZALO TORRENTE BALLESTER” (PONTEVEDRA).
3º PREMIO. CATEGORÍA DE PORTADA DE LIBROS: SALMA NICHAMI. IES “GONZALO TORRENTE BALLESTER” (PONTEVEDRA).
1º PREMIO. CATEGORÍA DE MARCAPÁXINAS: GALIR MACÍA LÓPEZ. COLEXIO PLURILINGÜE PADRES FRANCISCANOS (LUGO).
2º PREMIO. CATEGORÍA DE MARCAPÁXINAS: ALFONSO FUMEGA RODRÍGUEZ. IES Nº 1 (O CARBALLIÑO).
3º PREMIO. CATEGORÍA DE MARCAPÁXINAS: ANDREA LORENZO URGAL. IES RIBEIRA DO LOURO, O PORRIÑO.
Gracias a todos os participantes e noraboa aos gañadores!
Proxecto cidade verde
O proxecto "Cidade verde" do grupo interdisciplinario Kale/Kela acaba de ser recoñecido cunha Mención de honra nos Premios autonómicos de innovación educativa UXT/ESCOLA VIVA.
Parabéns compañeiros!!
curso 2019-2020
I concurso FCT - FPB
Ante a situación de emerxencia vivida no último trimestre do curso 2019/2020 por culpa do COVID-19, os alumnos da FP Básica de Informática de Oficina non puideron facer a FCT (Formación en Centros de Traballo) nos meses de maio e xuño, pero tiñan a opción de facer un proxecto/traballo para superar ditas prácticas. Dito proxecto estaba composto de 8 supostos prácticos no que os alumnos e alumnas tiñan que crear a súa propia empresa, establecer soldos e salarios, deseñar a imaxe de empresa, realizar a xestión da mesma creando presupostos adaptados ás necesidades dos clientes e rematando cun cálculo do resultado da empresa.
O resultado do I Concurso da FCT da FP Básica foi:
Gañadora por puntos: Silvia Mariño Santiso.
Gañador polo resultado da empresa: Bryan Manuel Roa Riveros
O premio para cada un dos gañadores consta dun diploma de acreditación como gañador do concurso en cada modalidade e un kit de videoconferencia formado por cascos con micrófono e unha webcam.
Os nosos parabéns a todos!
KaReal 17
Cando todo isto pase
VII concurso literario Mª Vitoria Taboada
2ª prórroga do VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada
Dada a situación de confinamento por mor do COVID-19. o IES Ramón Mª Aller Ulloa acorda prorrogar ata o 31 de outubro o prazo de admisión de traballos a presentar ao VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral, dirixido ao alumnado de ensino secundario, ciclos formativos de grao medio e FPB matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.Animádevos a participar como un momento de lecer creativo no ámbito da corentena.
Concurso de deseño de máscaras de
entroido 2020 GAÑADORAS!
Gañadoras do concurso de deseño de máscaras de entroido 2020.
Maragato e volante do Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba entregan os premios:
Gañadora da mellor máscara do 1º ciclo de ESO: Niyireth Tatiana Bohorquez Valencia de 1º A.
Gañadora da mellor máscara do 2º ciclo de ESO: Alicia Fernández García de 3º B.
Gañadora da mellor máscara do Bacharelato: Iria Donsión Fernández de 1º Bacharelato B.
III Premio Stephen Hawking
María Abeledo Miguélez e Rubén Fontán Taboada, alumnos de 1º de bacharelato, conseguiron o tercerio premio Stephen Hawking convocado polo IES Rosalía de Castro de Santiago, co traballo de investigación titulado "Viaxe ao centro dunha folla", no cal fixeron un percorrido pola anatomía e a histoloxía da follas, ata chegar aos cloroplastos e pigmentos fotosintéticos responsables da captación da luz para a fotosintese, proceso fundamental para a vida na biosfera. O alumno Esteban Vidal Cortizo colaborou no contido audivisual
O traballo foi coordinado pola súa profesora de Bioloxía, Natalia Fernández.
Natalia Fernández
Visita á exposición de Maruja Mallo e Luís Seoane
O venres 31 de xaneiro os estudantes de 1º e 2º do bacharelato de artes visitaron a exposición sobre o período arxentino (1936-1965) de Maruja Mallo e Luís Seoane no museo municipal “Ramón María Aller” en Lalín. Ademais de coñecer a obra dos dous artistas galegos, realizaron varios bosquexos das súas pinturas.
Concurso de creación Verso en Lúas IX
Os Departamentos de Lingua Inglesa, Lingua Castelá e Normalización Lingüística convocan o IX Concurso de creación VERSO EN LÚAS do IES "Ramón María Aller Ulloa". As bases atópanse premendo na imaxe. Sorte a tod@s.
Visita á exposición do pintor Carlos Santos Gutiérrez
X Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica
A estrutura da actividade na que participaban mais de 1150 alumnos de varios centros de Galicia foi a seguinte: máis...
Visita ao museo da Fundación Luís Seoane
O alumnado de Bacharelato de Artes viaxou á cidade da Coruña para realizar unha visita guiada ao museo da fundación Luís Seoane. Ao longo da mesma participaron nun taller de montaxe de animais fantásticos.
A visita á cidade rematou na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso na que percorreron as súas instalacións para con posterioridade coñecer a oferta educativa das EASD de Galicia.
Cartografía imaxinaria
KaReal 16
Laxeiro, peregrino na Romea
Alumnos do IES “Ramón Mª Aller Ulloa” no roteiro teatralizado “Laxeiro, peregrino na Romea”.
Estudantes de 4º de ESO e do bacharelato de artes percorreron, da man de Laxeiro, o marquesado da Romea polo camiño de inverno, un percorrido de dous quilómetros polo camiño que facía Laxeiro cando viña a Lalín. Coa actuación de protagonistas das pinturas de Laxeiro, o alumnado tivo ocasión de coñecer o patrimonio natural, cultural e inmaterial do camiño.
IX Concurso Nacional de Creación
“Avelina Lamas”
curso 2018-2019
Proxecto "Imagoteca"
Homenaxe ao profesor Mario Pereira
Visita do alumnado de 1º de Bacharelato de Artes á XIV Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro"
Medrar e Ser
Novo nº da revista KaReal
Encontro con Ben Feringa, premio Nobel de Química 2016
Relación de premiados do VI concurso
literario "Mª Victoria Taboada"
poesía, relato curto e sketch teatral
(curso 2018/19)
Entrega do VIII premio de creación "Verso en Lúas"
Relación de Premiados do VIII concurso nacional "Avelina Lamas"
PORTADA DE LIBROS
1º PREMIO: ANDREA MÓDENES COSTA. IESO "VAL DE XÁTIMA" (Valverde del Fresno, Cáceres).
2º PREMIO (EX AEQUO): SABELA ALONSO FREIRE. IES "Gonzalo Torrente Ballester", Pontevedra.
2º PREMIO (EX AEQUO): EMMA MIGUÉLEZ GÓMEZ. IES "Gonzalo Torrente Ballester", Pontevedra.
MARCAPÁXINAS:
1º premio: Zhukova Elizaveta Aleksandrovna. Colegio número 7 de Lytkarino, Región de Moscú, Federación de Rusia.
2º premio: IRIA ESTÉVEZ COLMENERO. IES "Lamas de Abade", Santiago de Compostela.
3º premio: ELENA DAMARIS VILLEGAS BARRETO. IES SANTA CLARA, SANTANDER.
POESÍA VISUAL:
1º PREMIO: CIBRÁN RIAL SUÁREZ. IES DA ILLA DE AROUSA, Illa de Arousa.
Kale Kela: "Olladas de muller"
"Olladas de muller": este é o nome da nova exposición que o grupo interdisciplinar de innovación Kale/Kela comparte no vestíbulo do IES "R.M.Aller Ulloa" de Lalín. A distribución da mostra imita varias casas cubertas de fiestras, en cuxos cristais se conta a historia de mulleres que foron esenciais na historia da humanidade: Marie Curie, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Clara Campoamor, Rosalía de Castro... Varias seccións temáticas apórtannos unha visión máis focalizada: un mapa mundial sitúa a científicas nos diferentes continentes, un panel ocúpase das achegas nas belas artes, outra sección máis apunta específicamente ao mundo das matemáticas... No centro da exposición, unha mesa en forma triangular representa un peculiar "xantar", na que cada prato está acompañado da biografía de 30 fundamentais convidadas, mulleres imprescindibles no avance do coñecemento ou a creación e, moitas veces, silenciadas polo poder dominante e represivo. Para esta exposición contouse tamén coa colaboración das institucións Aspadeza e Aspadisi, con propostas creativas que suman unha rica visión ao proxecto, sempre coa muller de fondo."
Concurso de deseño de máscaras de
entroido 2019: ... e as gañadoras son...
XXXI Congreso ENCIGA: vídeo-resumo coas mellores imaxes
Moitas grazas, e un saúdo a tod@s o participantes!
Concurso de creación Verso en Lúas VIII
Os Departamentos de Lingua Inglesa, Lingua Castelá e Normalización Lingüística convocan o VIII Concurso de creación VERSO EN LÚAS do IES "Ramón María Aller Ulloa". As bases atópanse premendo na imaxe. Sorte a tod@s.
Kareal XIV
O Departamento de Lingua Castelá do IES "Ramón María Aller Ulloa" publicou o décimo cuarto número da revista semestral KaReal (Cadernos de creación literaria e Arte). A revista aparece por unha dobre vía: impresa e en rede (www.revistakareal.blogspot.
XXXI congreso ENCIGA
15,16 e 17 de novembro de 2018
Mira cara as estrelas e non aos teus pés.
Trata de entender que é o que ves e
pregúntate que é o que fai que o universo
exista. Ten curiosidade.
Stephen Hawking (1942-2018)
Os próximos días, 15, 16 e 17 de novembro celebraremos no noso centro o trixésimo primeiro congreso de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA).
Deixamos aquí o enlace a súa web onde podedes informarvos máis polo miúdo desta xuntanza de ensinantes.
Dende aquí desexamos aos organizadores, ponentes, colaboradores, participantes e asistentes en xeral, o mellor dos éxitos e un proveitoso congreso.
VI concurso literario "Mª Victoria Taboada"
poesía, relato curto e sketch teatral
(curso 2018/19)