- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
DO 21/05/2024 AO 21/06/2024
- FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
-
Electrónica: utilice a aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) e presente a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
NECESITARÁ ter: A) conta de Chave 365, ou B) ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo
-
Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.
♦ Documentación complementaria:
- Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
- NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
- A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Convocatoria axudas para material escolar-DOG.pdf | 1.3 MB |
Impreso solicitude.pdf | 3.49 MB |
Prazos.jpg | 82.63 KB |
Preguntas frecuentes_2024.pdf | 523.94 KB |