Skip to Content

Convocatoria de bolsas para alumnado de niveis postobrigatorios-Curso 2024-2025

ENSINANZAS PARA AS QUE SE PODE SOLICITAR A BOLSA:

1. Ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:
a) Primeiro e segundo cursos de bacharelato.
b) Ciclos de Formación Profesional de grao medio e de grao superior, incluídos os estudos de formación profesional realizados nos centros docentes militares.
c) Ensinanzas artísticas profesionais.
d) Ensinanzas deportivas.
e) Ensinanzas artísticas superiores.
f) Estudos relixiosos superiores.
g) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.
h) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á  formación profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de formación profesional.

i) Ciclos formativos de grao básico

2. Ensinanzas universitarias do sistema universitario español cursadas en centros españoles e con validez en todo o territorio nacional:
a) Ensinanzas universitarias conducentes a títulos oficiais de grao e  de máster, incluídos os estudos de grao e máster cursados nos centros universitarios da defensa e da  garda civil, así como os cursados no  Centro Universitario de Formación da Policía Nacional, O.A.
Para a concesión de bolsa será necesario que as taxas correspondentes deban ser abonadas a unha universidade española.
b) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
c) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de máster e créditos complementarios para a obtención do título de grao. No se inclúen nesta convocatoria as bolsas  para a realización de estudos correspondentes ao  terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.

PRAZO: desde o 19 de marzo de 2024 ás  09:00 ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00

A solicitude  deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento nos  seguintes enderezos:

- https://sede.educacion.gob.es
- https://www.educacionyfp.gob.es/

AdxuntoTamaño
Convocatoria General 2024_2025.pdf617.18 KB
BOE-B-2024-9036.pdf155.15 KB


page | by Dr. Radut