Skip to Content

Actualidade

CONCEDIDAS AS AXUDAS Á BIBLIOTECA DO PLAMBE E O CLUB DE LECTURA

Desde o ano 2008-2009 a Biblioteca do noso centro participa no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) e tamén no Club de Lectura, dos que recibimos importantes achegas económicas, que xunto coa a asignación anual do centro, nos permite poder levar a cabo diferentes actividades de animación á lectura (Tertulias Literarias, Obradoiros, Excursións didácticas, Encontro con autores...).

Neste curso 2015-2016, a Biblioteca recibíu as seguintes contías económicas:

PLAMBE: 1.025

CLUB DE LECTURA: 1.285

 

Pódese acceder aos textos das correspondentes convocatorias nos seguintes enlaces:

 

https://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/20150909_bibliotecas.pdf

 

https://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/resol_clubslectura_1516_final.pdf

ORZAMENTO DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2015-16 PROCEDENTE DO PLAMBE E O CLUB DE LECTURA

Desde a Biblioteca do IES de Allariz, sentímonos 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL "FALANDO DE SOLIDARIEDADE" 2015

Desde hai 3 tres anos, vimos realizando no noso centro un concurso de postais de Nadal.
Este ano, como estamos traballando coa "Solidariedade", o noso concurso levou o título "Falando de Solidariedade" e tódalas postais incluían mensaxes e imaxes solidarias.
Despois de elixir as postais gañadoras, fixemos unha exposición no corredor do centro, fronte á biblioteca.

 

 

POSTAIS GAÑADORAS NO CONCURSO "FALANDO DE SOLIDARIEDADE" 2015

O día 18 de decembro, durante o Festival de Nadal, a nosa compañeira Rebeca, fixo entrega dos premios ao alumnado gañador do concurso "Falando de Solidariedade".


As postais gañadoras foron as seguintes:

 

1º ciclo: Raguía Añel Fernández (1º ESO A)

2º ciclo (Accésit á orixinalidade): Lucía Calviño Fernández (PDCII)

 

 

PRESENTACIÓN DO CALENDARIO SOLIDARIO AXUNICA

Como tódolos anos, o alumnado de 1º ciclo da ESO participou na elaboración do CALENDARIO SOLIDARIO AXUNICA, guiados pola nosa compañeira Olga, que desde hai 30 anos colabora cos seus alumnos nesta causa.
O debuxo elixido do noso centro foi realizado por un alumno de PDCII, IÑAKI RIVERO.
Este ano ademais dedícase a "Manuel María", autor homenaxedado nas Letras Galegas e que aparece tamén no calendario.
Quíxose lembrar tamén o desastre ocorrido en Francia, cunha imaxe en homenaxe ás víctimas.
Desde a Biblioteca queremos felicitar tanto ao alumnado coma o profesorado que colabora neste proxecto polo seu traballo e dedicación.

Grazas a todos aqueles alumnos que se comprometen a vender o calendario para recadar fondos para esta causa.

 

HOMENAXE A XOSÉ NEIRA VILAS


O pasado 27 de novembro  faleceu un dos grandes da literatura galega: XÓSE NÉIRA VILAS

No IES de Allariz,tivemos a sorte de contar coa súa presenza hai 3 anos, cando veu inaugurar unha nova actividade que comezamos a desenvolver a través do club de lectura.

Apadriñou as nosas "Tertulias Literarias" co seu libro máis emblemático "Memorias dun neno labrego".

Hoxe queremos rendirlle unha homenaxe no noso centro a través dunha exposición da súa numerosa obra, na nosa biblioteca

 

O MES DE OUTUBRO DEDÍCASE Á BIBLIOTECA

Durante o mes de outubro, no noso centro organízanse unha serie de actividades para conmemorar que o día 24 se celebra o "Día da Biblioteca".

Neste curso a nosa planificación para este mes é a seguinte:

-Día 14 de outubro"Excursión a Celanova" co alumnado de 2º ESO para facer unha xornada de convivencia co alumnado de 6º primaria e visitar: Casa dos Poetas, Mosteiro, Biblioteca do IES de Celanova, Castromao.

- Día 21 de outubro: 
"Excursión didáctica a Oseira e o castro de Santomé" co alumnado de 3º ESO.

- Día 23 de outubro
Asistencia á representación teatral sobre "Memorias dun neno labrego" a cargo de Cándido Pazó, actividade organizada polo Concello de Allariz e na que participan alumnos de 5º E 6º de primaria e 1º e 2º de ESO así como o alumnado de PMAR e PDCII

- Semana do 26-29 de outubroVisita á biblioteca do alumnado de 1º ESO
 para explicarlle o seu funcionamento e entregarlle os carnés de biblioteca.

-
Organización do Equipo de Colaboradores da Biblioteca co alumnado novo que chega ao centro.

XORNADA DE CONVIVENCIA INTERXERACIONAL

O Concello de Allariz, organiza a comezos de outubro unha Semana dedicada ás Persoas Maiores.
Desde o noso centro levamos participando desde o ano pasado, organizando unha convivencia entre adolescentes e persoas maiores.
A actividade consiste en facer unha "Andaina Interxeracional" ó redor dunha actividade cultural.
Este ano fomos visitar Santa Mariña de Augas Santas e o Castro de Armea.
O alumnado escollido foi o grupo de PMAR (8 rapaces) que pasaron unha xornada de intercambio de experiencias o día 1 de outubro e posteriormente puideron gravar un programa de radio en Radio Allariz.

Foi unha experiencia xenial que esperamos poder repetir.

25 de NOVEMBRO EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de 2º de ESO e 4º de ESO realizaron uns fermosos traballos nas materias de Educación para a Cidadanía e Ética coa súa profesora María de Toro.

Mañá, a terceira hora, farán unha lectura na Biblioteca daqueles textos máis representativos que logo serán lidos en público na praza do concello ás 12:00.

O IES quixo unirse á homenaxe que outros colectivos da vila lle queren render a tantas mulleres que sofren "Violencia de xénero".

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: HOMENAXE A XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO

Hoxe, 16 de maio, no noso centro vanse realizar varias actividades para conmemorar o "Dia das Letras Galegas".


En cada un dos recreos haberá unha lectura de poemas do autor homenaxeado, Xosé María Díaz Castropor parte de alumnos de PDCII.


Na última hora, un grupo de alumnos de 3º de ESO farán unha recreación dun episodio do "Quixote", dirixidos polo noso compañeiro Pilis.


Distribuir contido


by Dr. Radut