Skip to Content

Actividades de animación á lectura

OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA SOBRE "EL QUIJOTE" PARA O ALUMNADO DE 1º E 2º ESO

O Pasado 13 de abril, o alumnado de 1º e 2º de ESO asistiron á Casa da Cultura a un obradoiro de animación á lectura sobre "El Quijote" a cargo de Raquel Queizás.

Iníciase así o ciclo de actividades que a biblioteca, en colaboración cos departamentos didácticos, organiza para conmemorar o "Mes do Libro".

A esta actividade tamén asistíu o colexio de primaria "Padre Feijoo", co que colaboramos desde o IES e a biblioteca ao longo do curso.

 

OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA SOBRE "EL QUIJOTE" PARA O ALUMNADO DE 1º E 2º ESO

O Pasado luns, 13 de abril, o alumnado de 1º e 2º ESO asistiron a un obradoiro de animación á lectura na Casa da Cultura de Allariz, a cargo de Raquel Queizás sobre a obra "El Quijote".

Iníciouse así o ciclo de actividades que vai organizar a Biblioteca en colaboración cos departamentos didácticos para conmemorar o "Mes do Libro".

Nesta actividade tamén participou o colexio de primaria Padre Feijoo, co que colaboramos estreitamente desde a Biblioteca.

 

 

ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO

O vindeiro 13 de abril, o alumnado de 1º e 2º ESO asistirán a un obradorio de animación á lectura a cargo de Raquel Queizán na Casa da Cultura do Concello sobre a obra "El Quijote".

 

O día 29 de abril o alumnado de 3º ESO e 1º de bacharelato asistirán a unha representación teatral no Teatro Principal de Ourense sobre "El Quijote".

DÍA DE SAN VALENTÍN NO IES DE ALLARIZ

No noso centro quixemos celebrar este ano o Día de San Valentín  con música e poesía.

O día 12 de febreiro, o departamento de francés, dirixido por Pilis, organizou unha actividade relacionada con cancións de amor en francés. Durante os 2 recreos, puidemos disfrutar coa música e tamén coa contemplacion duns fermosos corazóns cheos de "letras de amor".

Por outra banda, o dia 13, venres, o departamento de Lingua Castelá, en coordinación coa Biblioteca, organizou unha "Exposición de Poemas de amor decorados" que tivo moito éxito. A actividade consistíu en que o alumnado buscou poemas de amor de escritores famosos en galego, castelán, francés e inglés e decoráronos cada un ao seu xeito. Logo expuxéronse nos corredores do centro para que cadaquén elixise o que máis lle gustase e puides

e agasallar á persoa que quixeran.

TERTULIAS LITERARIAS NO LICEO DE OURENSE SOBRE A OBRA DE CLARA SÁNCHEZ "LO QUE ESCONDE TU NOMBRE"

O pasado martes, 3 de febreiro algúns alumnos de 1º e 2º de bacharelato e 1 de PDCII acudiron a unhas tertulias en castelán no Liceo de Ourense sobre a obra de Clara Sánchez "Lo que esconde tu nombre".

Estiveron acompañados do alumnado do IES "Lagoa de Antela" de Xinzo de Limia e tamén do IES "Ferro Couselo" de Ourense.

Coma sempre foi unha actividade da que disfrutamos moito tanto alumnos como profesores a pesar de que as condicións climatolóxicas este ano non eran moi boas.

CAMPAÑA DE NADAL

Como todos os anos, o vindeiro día 15 de decembro, da inicio a tradicional CAMPAÑA DE NADAL  que rematará o día 9-01-2015


Poderanse levar en préstamo 5 libros.


 



Animávosvos a TODOS a que pasedes pola BIBLIOTECA.

TERTULIAS LITERARIAS CON FRANCISCO CASTRO

Onte, 26 de novembro, reunímonos na Casa da Mocidade os clubs de lectura de 5 centros educativos (IES Allariz, Maceda, Bande, IES Lagoa de Antela e IES Cidade de Antioguía de Xinzo de Limia) para asistir a unha tertulia literaria sobre a obra de Francisco Castro "O corazón de Branca de Neve".

A actividade resultou moi ben e o alumnado puido disfrutar dunha tertulia radiofónica e tamén do encontro co autor. Foi moi amena e todos participaron de xeito activo.

 

 

ENCONTRO CON RICARDO GÓMEZ

O día 12 de novembro, o alumnado de 3º e 4º ESO tiveron a oportunidade de coñecer a Ricardo Gómez, autor das obras que leron durante este trimestre na materia de Lengua Española.

Foi unha actividade entretida, na que o alumnado interactuou co autor moito, tendo a oportunidade de poder entender mellor as obras lidas.

ENCONTRO CON RICARDO GÓMEZ

O vindeiro 12 de novembro, o alumnado de 3º e 4º ESO vai poder disfrutar do encontro co escritor Ricardo Gómez, autor de entre outras obras, "El cazador de estrellas" e "Juegos, inocentes juegos", obras de lectura obrigatoria en 3º e 4º de ESO neste 1º trimestre.

SEMANA DA BIBLIOTECA NO IES DE ALLARIZ

Neste curso, para celebrar o Día da Biblioteca (24 de outubro) organizáronse, en colaboración co concello de Allariz, a Fundación Vicente Risco e os colexios de primaria de Allariz e Xunqueira de Ambía, unha serie de actividades:

DÍA 24:

Obradoiro de animación á lectura sobre o conto de Vicente Risco "Do caso que lle aconteceu ao Dr.Alveiros" para o alumnado de 1º ESO.

Charla ás 8:30 na Fundación Vicente Risco sobre "A biblioteca escolar como Biblioteca de barrio".

 

DÍA 29 

Excursión do alumnado de 2º ESO a Celanova para visitar a Biblioteca do Mosteiro, o Mosteiro, a Casa dos poetas, Vilanova dos Infantes. Fíxose en coordinación co colexio de primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut