O día 27 de abril, o alumnado pertencente aoClub de lectura do CEIP O Rosal, viñeron de visita a Allariz.
Pola mañá, puideron coñecer Santa Mariña de Augas Santas.
Pola tarde, visitaron ALLARIZ acompañados do noso alumnado do club de lectura e colaborador da biblioteca e tamén de PMAR, e dos profes, Sergio, Laura e María.
Esta visita foi especial, xa que comezou cunha comida compartida na Acearrica e os guías foron os nosos rapaces que ían interactuando cos visitantes, compartindo poemas e traballos feitos en ambos centros sobre a obra de Manuel María.
Un día inesquecible para os dous centros.
Desde o Rosal enviáronnos 2 vídeos moi fermosos froito da súa estancia en Santa Mariña e Allariz.
Mil grazas aos rapaces e profes que nos acompañaron e nos fixeron disfrutar antes e despois da súa presenza e do seu traballo.