Skip to Content

Día 3 de Decembro: "DÍA DA DISCAPACIDADE"

Hoxe, 3 de dembro, celébrase o DÍA DA DISCAPACIDADE. 


Desde a BIBLIOTECA do noso centro queremos facerlle unha homenaxe a esas

persoas que loitan cada día para sobrevivir, afrontando as dificultades con valentía.

Pódense consultar libros e películas relacionadas co tema.

 

25 Novembro: "Día en contra da violencia de xénero"

O oasado 25 de novembro, o IES de Allariz quixo reivindicar o dereito das mulleres organizando unha actividade na que participou todo o centro. Tamén nas diferentes materias e nas titorías se realizaron traballos sobre o tema.

 

Homenaxe a Margarita Salas

O pasado 7 de novembro, deixounos a grande científica Margarita Salas, coincidindo tamén coa data de nacemento doutra científica Marie Curie. Casualidades da vida!.

Coincidindo coa celebración do "Mes da Ciencia en novembro", desde a Biblioteca do noso centro queremos lembrar as palabras de 2 científicas moi destacadas  "Una conversación sobre la ciencia y la vida. Margarita Salas y María Blasco" podedes consultar neste enlace.

Novembro: Mes da Ciencia en Galego

Comeza o mes de Novembro "Mes da Ciencia en Galego". A biblioteca do noso centro quere contribuir a esta conmemoración pondo á disposición do alumnado e profesorado materiais relacionados coas ciencias, realizando unha exposición temática.

Ademais para todos os que estean interesados en traballar co alumnado nas aulas, neste enlace, pódese consultar recursos e actividades moi interesantes.

 

SEMANA DA BIBLIOTECA 24-31 OUTUBRO

 

Como todos anos, o 24 de Outubro celébrase o "Día da Biblioteca".

O lema deste ano é "Bibliotecas Escolares: Viveiro de cidadanía".

Ao longo do curso no centro realizaranse actividades de distinto tipo relacionado co tema.

Nesta semana, o alumnado de 1º de ESO visita a biblioteca onde recibe o seu carné de usuario e tamén unha explicación do funcionamento da Biblioteca por parte da profesora bibliotecaria.

Na semana do 24 a 31 de outubro celébrase ademais a " Semana da Alfabetización Mediática e informacional".   O noso centro quere contribuir organizando unha visita s días 24 e 25 de outubro co alumnado de 3º de ESO ás instalacións de RADIO ALLARIZ co obxectivo de animalos tamén a participar nun "Obradoiro de Radio Escolar" que se vai desenvolver no centro ao longo deste curso escolar. 

 

 

 

BENVIDA AO CURSO 2019-20

BENVID@S AO CURSO 2019-2020

De novo comezamos o curso, cheos de enerxía e con moitos proxectos e ilusións.

Desde a BIBLIOTECA queremos convidarvos a que participedes nas actividades que se propoñen:

CLUB DE LECTURA (1º, 2º, 3º ESO)

TERTULIAS LITERARIAS (4º ESO/1º BAC)

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO (1ºESO/2º ESO)

OBRADOIROS DE ANIMACIÓN Á LECTURA

ENCONTRO CON ESCRITOR@S

OUTRAS QUE PROPOÑADES...

 

BO INICIO E DISFRUTAR DO CURSO....

Guía de Lectura de Nadal 2018

a estamos no Nadal e é tempo de lecer e de descansar do traballo realizado durante este trimestre.

Desde a Biblioteca queremos animarvos a que disfrutedes das vacacións na compaña dun bo libro. Para iso organizamos unha campaña de Nadal no que cada membro da nosa comunidade educativa pode levar ata 5 libros durante un periodo dun mes (11/12/18-11/01/19).

Para axudarvos nas vosas eleccións elaboramos esta guía de lectura na que aparecen títulos suxerentes e atractivos para todos os gustos e idades

Podédelos consultar no ficheiro adxunto

BO NADAL E FELICES LECTURAS

 

AdxuntoTamaño
Guia de lectura de Nadal.pdf613.94 KB

30 XANEIRO "DÍA DA PAZ"

Este ano, o día 30 todos os alumnos do noso centro, traballaron cos seus titores un Manifesto sobre a Paz que estaba cheo de boas reflexións.
Esperemos que as apliquen ao futuro.

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE PROFESORES

O día 19 de xaneiro, levouse a cabo a 1ª reunión do club de lectura de profesores que se achegaron á obra "Una voz escondida" de Parinoush Saniee.
A reunión fíxose ao redor dun "chocolate" na cafetería "Cándido" de Ourense e a ela asistiron case todos os integrantes do club.
Foi unha tarde moi agradable xa que o libro tratado deu moito de si e tocáronse moitos temas.

TERTULIAS LITERARIAS EN ALLARIZ

O día 1 de decembro, algúns alumnos de 1º de bacharelato e 4º ESO, asistiron á Tertulia Literaria sobre a obra de Inma López Silva"Aqueles días en que eramos malas", xunto con outros alumnos procedentes de varios centros escolares (IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia, IES Maceda, IES de Viana do Bolo, Universidade Laboral de Ourense).
Houbo, coma sempre, unha tertulia radiofónica onde participaron 1 alumno de cada centro escolar, acompañado dun profesor e unha tertulia presencial na que participaron todos os alumnos e a propia autora.

Ademais, pola mañá, no noso instituto houbo un "Encontro coa autora" que lles falou aos alumnos de 2º de bacharelato da súa obra "Memoria de Cidades sen luz", lectura obrigatoria neste trimestre.

Grazas a todos pola participación.



by Dr. Radut