Skip to Content

ENCONTRO CON RICARDO GÓMEZ

O día 12 de novembro, o alumnado de 3º e 4º ESO tiveron a oportunidade de coñecer a Ricardo Gómez, autor das obras que leron durante este trimestre na materia de Lengua Española.

Foi unha actividade entretida, na que o alumnado interactuou co autor moito, tendo a oportunidade de poder entender mellor as obras lidas.

ENCONTRO CON RICARDO GÓMEZ

O vindeiro 12 de novembro, o alumnado de 3º e 4º ESO vai poder disfrutar do encontro co escritor Ricardo Gómez, autor de entre outras obras, "El cazador de estrellas" e "Juegos, inocentes juegos", obras de lectura obrigatoria en 3º e 4º de ESO neste 1º trimestre.

SEMANA DA BIBLIOTECA NO IES DE ALLARIZ

Neste curso, para celebrar o Día da Biblioteca (24 de outubro) organizáronse, en colaboración co concello de Allariz, a Fundación Vicente Risco e os colexios de primaria de Allariz e Xunqueira de Ambía, unha serie de actividades:

DÍA 24:

Obradoiro de animación á lectura sobre o conto de Vicente Risco "Do caso que lle aconteceu ao Dr.Alveiros" para o alumnado de 1º ESO.

Charla ás 8:30 na Fundación Vicente Risco sobre "A biblioteca escolar como Biblioteca de barrio".

 

DÍA 29 

Excursión do alumnado de 2º ESO a Celanova para visitar a Biblioteca do Mosteiro, o Mosteiro, a Casa dos poetas, Vilanova dos Infantes. Fíxose en coordinación co colexio de primaria.

INICIO DO CURSO 2014-15

Iniciamos este novo curso 2014-15.

Desde a Biblioteca dámosvos a benvida a tod@s e desexamos que vos animedes a participar nas actividades que vos propoñemos:

 

CLUBES DE LECTURA (1º, 2º ESO)

TERTULIAS LITERARIAS (3º, 4º ESO e 1º Bacharelato)

OBRADOIRO DE RADIO

OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA

 

SEMANA DOS MAIORES NO IES DE ALLARIZ

O pasado 1 de outubro, o alumnado de 4º de diversificación participaron nunha actividade de convivencia con persoas mairoes , organizada polo concello de Allariz.

O obxectivo era facer un percorrido pola historia do curtido en Allariz. Partíuse da Fábrica de Coiro e visitáronse varias aldeas nos que este tipo de actividades se desenvolveron con bastante éxito en épocas anteriores: Vilar de Flores, Meire, Vilaboa...

 

TERTULIAS LITERARIAS EN OURENSE

O día 20 de maio, algúns alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato asistiron ao Liceo de Ourense a unhas tertulias literarias sobre a obra de Almudena Grandes, "El lector de Julio Verne" acompañados das súas profes Sara, Susana e María.

A actividade completouse cunha visita a unha exposición de pintura no Museo Municipal, onde o propio pintor  "Cachaldora", acompañado dun compositor, lle ofreceu un obradoiro aos rapaces.

Tamén puideron ver unha exposición de cómic que lles gustou moito

.

ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O día 16 de maio, o alumnado do noso centro participou en varias actividades:

 

MAÑA:

 

1. Lecturas de poemas de Xosé María Díaz Castro na Biblioteca durante o 1º e 2º Recreo.

2. Dramatización en clave de humor dun episodio do "Quixote" que levaron a cabo 5 alumnos dirixidos polo profesor Pilis.

   

TARDE:

 

3. Entrega de premios aos gañadores e finalistas do concurso literario organizado polo CEIP PADRE CRESPO de Xunqueira de Ambía "Falando de Solidariedade" ao que asistirion alumnos da ESO e Bacharelato e tamén algún profesores do centro.

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: HOMENAXE A XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO

Hoxe, 16 de maio, no noso centro vanse realizar varias actividades para conmemorar o "Dia das Letras Galegas".


En cada un dos recreos haberá unha lectura de poemas do autor homenaxeado, Xosé María Díaz Castropor parte de alumnos de PDCII.


Na última hora, un grupo de alumnos de 3º de ESO farán unha recreación dun episodio do "Quixote", dirixidos polo noso compañeiro Pilis.


TERTULIAS LITERARIAS SOBRE "EL LECTOR DE JULIO VERNE" de ALMUDENA GRANDES

O vindeiro 20 de maio, algúns alumnos de 1º de bacharelato e 4º ESO asistirán a unha tertulia literaria en castelán sobre a obra "El lector de Julio Verne" de Almudena Grandes, que terá lugar no Liceo de Ourense.


No documento adxunto podedes consultar un material interesante que elaborou, Dolores, profesora de inglés e membro do equipo de biblioteca, sobre a obra.


 

AdxuntoTamaño
EL LECTOR DE JULIO VERNE.pdf541.16 KB

ACTIVIDADES AO REDOR DO DÍA DO LIBRO 2014

Ao longo destas dúas semanas realizaranse no centro diversas actividades relacionadas co 

Dia do Libro:

- Exposición das novidades adquiridas para a biblioteca.

- 23 abril: Recollida dos relatos que se van presentar ao Concurso "Falando de Solidariedade" cuxos premios se darán o día 16 de maio.

- 29 abril: Representación teatral "NO QUIERO SER DULCINEA" para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato.



by Dr. Radut