Premios Entroido 2023
Enviado por admin o Xov, 02/03/2023 - 04:53
Fíxose entrega dos premios aos gañadores e gañadoras do concurso de Entroido.
Noraboa aos premiados e premiadas e moitas grazas a todos os participantes.
- Categoría individual: Irene Paz Blanco (1º ESO)
- Categoría parella: Inés Martínez (2º ESO) e Paula Expósito (3ºESO)
- Categoría grupo: alumnado de 3º ESO
11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Enviado por admin o Mar, 14/02/2023 - 07:46O Departamento de Ciencias organizou unha interesante actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Creouse un vídeo conmemorativo no que participan diferentes alumnas do noso centro e colaboran cinco mulleres relacionadas co mundo da Ciencia. No vídeo, estas mulleres dan o seu punto de vista e opinión sobre preguntas formuladas polas alumnas sobre a súa formación e profesión no mundo científico. Moitas grazas a todas as participantes.
Podes ver o vídeo no seguinte enlace
https://drive.google.com/file/d/1PkwCIQL2mwpl7NnszFJunkNmh2_qjf0O/view?usp=sharing
Semana de Entroido
Enviado por admin o Mar, 14/02/2023 - 07:33A semana do 13 ao 17 de febreiro organízanse no centro "Os mandados do Meco". Ao longo da semana a nosa Meco Monchiña dirá un mandado para cada día.
O venres 17 de febreiro a partir das 11 horas temos organizadas diferentes actividades para festexar a chegada de Don Carnal.
Conferencia "Rubia Gallega"
Enviado por admin o Mar, 14/02/2023 - 07:27O pasado 3 de febreiro, o alumnado do IES Alfoz - Valadouro recibiu unha conferencia sobre a "Rubia Gallega". A charla celebrouse co motivo da IV Feira das Razas Autóctonas da Mariña, organizada polo Concello de O Valadouro. A conferencia foi impartida por unha veterinaria da asociación ACRUGA e a actividade foi organizada en colaboración co Concello de O Valadouro.
Palestra-Obradoiro "Depuración naturais de augas residuais, construíndo humidais"
Enviado por admin o Lun, 13/02/2023 - 07:47O pasado 17 de xaneiro o alumnado de 1º ESO recibiu unha interesante palestra-obradoiro sobre a depuración de augas de xeito natural.
A actividade estivo organizada pola UDC, en colaboración coa Fundación Alcoa e enmárcase dentro do proxecto "Educando para a sustentabilidade: A Mariña ambiental"
Admisión alumnado de centros adscritos
Enviado por admin o Mar, 17/01/2023 - 05:02O período de reserva de praza en centros adscritos está aberto ata o día 6 de febreiro.
Normativa admisión: ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Talleres de educación emocional
Enviado por admin o Mér, 11/01/2023 - 05:43Ao longo das vindeiras semanas van a realizarse uns talleres de educación emocional para todo o alumnado do centro. Serán impartidos por Cristina Gonález (AlasRaíces), traballadora Social.
Organiza o Concello de Alfoz.
25N.ACTO CONMEMORATIVO EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por admin o Mar, 13/12/2022 - 06:22
Co gallo do 25N, o alumnado e profesorado do IES Alfoz – Valadouro organizamos, xunto co colexio de Alfoz, un acto commemorativo en contra da violencia de xénero. Consistiu nunha andaina desde o IES ata a Casa da Cultura do Concello de Alfoz. Alí había unha margarida xigante nun taboleiro. Un grupo de compañeiros e compañeiras foron arrincándolle pétalos, á vez que lían un manifesto que se titulaba “Preguntáchete algunha vez se esa persoa especial te quere ou non te quere?” Para finalizar o acto, o alumnado do colexio de Alfoz cantou unha canción de Rozalén titulada “La puerta violeta” e o director do Colexio, Adrián Suárez pechou o acto cunhas palabras en repulsa contra toda manifestación de violencia.
Sara Otero Pérez e Noelia Paz Blanco (4ºESO)
VIDEOCONFERENCIA DE IGACIENCIA E FORMACIÓN DE SOGAMA
Enviado por admin o Xov, 24/11/2022 - 11:11Co gallo do mes da Ciencia en Galego estamos a recibir no centro unha serie de videoconferencias organizadas por Igaciencia.
O pasado luns, 21 de novembro, tivemos a primeira videoconferencia titulada “Mergullámonos no océano do futuro?” impartida por Emilio Fernández Suárez, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo. Nesta ocasión foi o alumnado de 2º ESO quen recibiu información sobre o futuro do océano.
Ese mesmo día, o alumnado de 3º e 4º ESO, asistiu a unha formación presencial de SOGAMA enmarcada dentro das actividades programadas pola Semana Europea da Prevención de Residuos. En dita conferencia, recibiron información sobre como separar e reciclar mellor.
Alumnado de 2º ESO na videoconferencia organizada por Igaciencia.
Alumnado de 3º e 4º ESO na formación de SOGAMA
CONCURSO DE CABAZAS E MICRORRELATOS DE TERROR
Enviado por admin o Lun, 21/11/2022 - 08:32No marco das celebracións do mes de Santos ou magostos (Samaín) organizouse o I concurso de cabazas e II de microrrelatos de terror, cunha ampla participación por parte do alumnado.
Outorgáronse dous premios en cada un deles e os gañadores foron:
-Lucas Eiroá Castro e Celia Fernández Fernández, ambos de 1o ESO, no concurso de cabazas.
-Israel Teijeiro Valoría (2o ESO) e Lucía Candia Paz (3o ESO), no concurso de microrrelatos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »