Skip to Content

Semana do 25 de novembro

O noso centro continúa apostando pola educación en igualdade e pola concienciación da comunidade educativa da necesidade de loitar todos xuntos contra a violencia de xénero. Nesta liña, a semana do 25 de novembro foi académicamente programada cunha marcada liña neste senso:

  • O día 25 de novembro realizáronse as seguintes actividades/iniciativas:
    • Lectura de poemas por parte de alumnos e alumnas de 1ºBAC que cursan a materia de Coeducación para o século XXI. Poemas que resultaron escollidos por eles mesmos despois dun traballo de investigación sobre o banco de títulos que enchen a nosa biblioteca. 

    • Performance a cargo de alumnos de 1ºESO e 3ºESO en repulsa da violencia de xénero, no que repasaron todos os casos de violencia de xénero no vai de ano e prenderon sendas bolboreta de papel a un soporte de madeira. O seu berro final foi "deixame voar", como "voar", soñar e vivir libres e en igualdade deberían estar a facer todas as vitimas desta lacra.

    • Lectura, no centro primeiro e na Casa da Cultura despois, dun sentido e contundente manifesto escrito por algúns alumnos/as de 4ºESO que cursan a materia de Valores éticos. 

    •  Alumnos de 1ºESO baixaron á Casa da Cultura de Cee para asistir ao acto organizado polo concello e o CIM. Eles mesmos finaron dito acto coa interpretación dun RAP contra á violencia de xénero.  Compuxeron as rimas a semana previa durante a participación nun obradoiro de RAP pola igualdade.

    • Alumnos de varios cursos participaron nunha pegada de pancartas polo centro con lemas contra a violencia de xénero e en favor da igualdade. 
  • Parte da comunidade educativa acudiu vestida de negro durante a xornada do 25 de novembro.

  • Proxectamos, na televisión do recibidor do instituto ao longo da semana, vídeos,  vídeoclips de cancións e letras que invitan a involucrarse na loita contra a violencia de xénero e en favor da igualdade.
  • Temos, nos taboleiros do primeiro andar, unha exposición de fotos contra á violencia de xénero. Fotos que realizaron os alumnos que cursan as diferentes materias do departamento de Debuxo. 

  • O día 28 de novembro, os alumos de 4ºESO participaron nun obradoiro pola igualdade dirixido pola asociación Lilith.

Tede por seguro que o noso compromiso non remata aquí. Seguimos e seguiremos traballando para que as novas xeracións consigan que a sociedade do mañá estea libre da lacra da violencia de xénero e  sexa igualitaria.

Podedes ver aquí fotos da semana.

Semana STEM

O IES Agra de Raíces foi seleccionado para participar na actividade Semana "STEM", promovida pola Consellería de Educación e co obxectivo de proporcionar ao alumnado unha actividade que lles permita mellorar as súas competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), a través de actividades non só académicas senón tamén de carácter lúdico-recreativas, que servirán de reforzo ao programa ordinario do currículo do alumnado nas aulas.

A actividade levarase a cabo en Os Peares, Pena, Carballeda, Lugo dende o 8 ao 14 de decembro. Antes, o 21 de novembro ás 18 h na biblioteca do centro, terá lugar unha importante reunión coas familias dos/as participantes para detallar información da actividade.

A continuación podedes encontrar tres enlaces á información da actividade e a impresos que debe cubrir cada participante (impresos dos que falaremos na reunión do 21).

 

Documento información actividade.

https://drive.google.com/open?id=1MjoA22kArFiI7LsGocqmRJhSQZshCe3f 

Documento de horario e localización da actividade.

https://drive.google.com/open?id=1sot1H5Gzr7YmKZwycVFgt0PBowHBLv2x

 

Impreso a cubrir polas familias de todos os participantes.

https://drive.google.com/file/d/1MjoA22kArFiI7LsGocqmRJhSQZshCe3f/view?usp=sharing

 

 

 

 

Titorías That´s English.

As titorías de That´s English, comezan no mes de outubro.

 

  • Nivel A2: Módulos 3 e 4. Luns de 12:25 a 14:05
  • Nivel B1: Módulos 5,6,7 e 8. Xoves de 10:25 a 12:05


Praza de matrícula aberto, por ampliación, ata o 30 de Novembro!! 

Infórmate en www.thatsenglish.com

Para máis información, ver o arquivo adxunto.

Ademáis, o persoal da Administración Pública ten desconto na matrícula. Infórmate no arquivo adxunto.

LISTAXES DEFINITIVAS DOS ADMITIDOS E EXCLUIDOS DO FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2019-20.

Xa contamos coas listaxes definitivas dos admitidos/as e excluídos/as do fondo solidario de libros de texto para o curso 2019-20.

Poden consultar as listaxes e a relación dos libros asignados a cada alumno/a nos arquivos adxuntos.

INICIO CURSO 2019-20

O día 16 de setembro iniciarase o curso escolar 2019-2020 en horario normal, de 08:30 a 14:05 horas e de 16:30 a 18:10 horas.

Ás 08:30 faranse as presentacións por parte dos titores/as e unha vez finalicen, comezarán as clases.

O servizo de autobuses estará dispoñible.

LISTAXES PROVISIONAIS DOS/AS ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-20.

Nos arquivos adxuntos poden consultar as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as do Fondo de Libros para o vindeiro curso escolar 19-20.

Os alumnos/as admitidos no fondo de libros que solicitaron os vales para a adquisición de material escolar xa poden pasar a recollelos (sempre e cando no aparezan na listaxe de excluídos das axudas para a adquisición de material escolar).

Os vales entregaranse ás persoas solicitantes ou titores legais dos alumnos/as.

ENTREGA DE NOTAS E MATRÍCULA DE SETEMBRO

Pódense consultar aquí as datas de entrega de notas e matrícula de setembro para o curso 2019/2020. Lembramos tamén que durante o mes de agosto o centro permanecerá pechado. Calquera comunicación urxente pódese facer a través do correo ies.agra.raices@edu.xunta.es

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO 18/19

Este é o horario dos exames de setembro para aqueles que non superaron todas as materias en xuño. 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-20

No seguinte documento podedes consultar a relación de libros de texto para o próximo curso 2019-20.

NOTA INFORMATIVA SOBRE O HORARIO DO CENTRO NOS MESES DE XULLO E AGOSTO

 

 

Durante o mes de xullo o horario de atención ao público do centro será de 9.30 h a13.30h.

Durante o mes de agosto o centro permanecerá pechado; soamente se atenderán urxencias a traves do correo do centro. Para calquera consulta ou dúbida, pódese empregar o enderezo de email: ies.agra.raices@edu.xunta.es

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut