Skip to Content

Información de interese sobre o programa That's English

No día de onte publicouse unha normativa que afecta ao programa That's English.

Tamén podedes consultar a información sobre as datas de exame da EOI Coruña.

O Club de Lectura Libros Coma Area! convidado a participar no Congreso Internacional “Leer. Iberoamérica Lee"

     

O proxecto do curso 2018-19 do Club de Lectura Libros Coma Area! desenvolvido polo grupo Arroases de Estorde formado polo alumnado Helena García Riesgo, Lois Fraga, Miguel Ángel Iglesias García, Bianka Berenice Paula Ureña, Miguel Quintáns , Xiana Lago e Mateo Pérez Soto e coordinado pola profesora Mercedes Teijeiro Gato do IES Agra de Raíces, foi seleccionado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares para participar, en representación dos Clubs de Lectura de Galicia no Congreso Internacional ” Leer. Iberoamérica Lee” que se celebrará en Madrid no marco da Feria del Libro.

Trátase dun encontro entre profesionais da xestión lectora e da escritura que permitirá a reflexión sobre a lectura crítica, ademais de crear un laboratorio cooperativo de ideas . A pregunta que servirá de punto de inflexión para o desenvolvemento deste evento é a seguinte: "Existen lectores á marxe?" Arredor desta inquietude, organízanse as distintas intervencións que terán lugar neste congreso: a invisibilidade das outras persoas, as voces da literatura, a lectura na sociedade superpoboada, poéticas e oralidades, outros espazos de lectura, os movementos a prol da lectura, a literatura como porta para a construción de identidades, ou os distintos lectores, lectoras e lecturas. 

Neste último bloque que estará dirixido polo escritor Freddy Gonçalves participará Mateo Pérez Soto (4º A ESO). Xunto con outras compañeiras de Uruguay, México e Brasil, Mateo, como representante dos Clubs de Lectura de Galicia, trasladará os seus coñecementos, a súa opinión e a súa experiencia sobre as lecturas e os lectores e lectoras que o movemento emerxente dos clubs de lectura está a promover. 

O diario Que pasa na Costa, tamén se fai eco desta nova, no día de hoxe.

Deixámosvos tamén unha ligazón ao instagram de Libros Coma Area!

Comunicacións durante o período non lectivo

Informamos que ata o día 14 de abril, día no que remata o período non lectivo de Semana Santa, a atención ao público farase unicamente a través do enderezo electrónico ies.agra.raices@edu.xunta.gal, e sempre e cando as xestións solicitadas non poidan realizarse despois da data sinalada. 

Agradecemos a comprensión.

Boas vacacións.

Encontros virtuais da USC cos estudantes

Durante os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa) os estudantes que o desexen poderán contactar por Videoconferencia, nas horas que están indicadas na páxina Web, con profesores das distintas titulacións da USC, utilizando as ligazóns establecidos a tales efectos.

Información sobre a 2ª avaliación

De acordo coas novas instrucións publicadas no portal educativo o día 27 de marzo realizarase a 2ª avaliación antes do venres 3 abril. 

 

O noso centro cerrará a avaliación do alumnado o mércores 1 de abril, día no que a partir das 11:00 h se realizará a entrega telemática dos boletíns ás familias. A canle preferente de comunicación será Abalar Familias. Se non dispoñen desta aplicación para o móbil, poden descargala e rexistrarse, de xeito sinxelo, seguindo as seguintes instrucións.

 

Pregamos a aquelas familias que teñan problemas coa descarga e/ou instalación de Abalar Familias nos seus dispositivos móbiles, remitan un mail ao correo do centro (ies.agra.raices@edu.xunta.gal) ou chamen ao teléfono do centro (881 880 486) en horario de 10 h a 13 h.

Concurso no Instagram do Club de Lectura "Que estás a ler?"

Durante estes días de confinamento nos nosos fogares por mor da ameaza que supón o Coronavirus, o club de lectura Libros coma area! propón incrementar o noso caudal de lecturas. É este un bo momento para dedicar parte do noso lecer a achegarnos a todas aquelas obras que tiñamos na recámara, esperando a dispor de tempo suficiente para lelas. Por iso, o noso club de lectura acaba de activar en Instagram (@libroscomaarea) un concurso que leva por título "Que estás a ler?" Animádevos a participar nel, contándonos que obra ou obras estades a revisar na actualidade. Accedede á nosa conta de Instagram para coñecer todos os detalles e ver as bases do concurso. Haberá premio...

Contidos académicos na televisión pública

Queremos dar difusión á parrilla académica que se vai a emitir na televisión pública durante o período de confinamento. Unha ferramenta máis para traballar contidos académicos. 

Lembrade tamén, que debedes revisar se se actualizou a información das diferentes materias na seguinte entrada.

Doazón de material sanitario

O IES Agra de Raíces doou ao Hospital Virxe da Xunqueira en Cee, todo o material sanitario do que dispuña o Ciclo Formativo de Coidados Auxiliares de Enfermería. Dende a Dirección do centro queremos agradecer publicamente ao profesorado que imparte aulas neste Ciclo a súa colaboración no traslado do material.

Información oficial da CiUG

Ante a chegada de novas información sobre as probas ABAU para este curso 2019/2020, queremos lembrar ao alumnado que unicamente consulten e tomen como oficial a información que aparece na páxina web da CiUG, https://ciug.gal/gal

Horario e modalidade de atención ao público durante o peche do centro

Informamos de que, seguindo as instrucións das autoridades, o horario para a atención ao público durante o período que dure o peche dos centros educativos será de 10 h a 13 h de luns a venres. Esta atención farase por vía telefónica (881880486) ou a través do correo electrónico: ies.agra.raices@edu.xunta.gal

Moitas grazas pola comprensión e colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut