Achégase na seguinte ligazón o calendario de exames de recuperación de setembro: Calendario exames setembro.pdf
Aqueles/as alumnos/as que se presenten a esta convocatoria extraordinaria deben ter presente, ademais, a seguinte información arredor das datas de entrega de notas a través de Abalar Móbil, reclamacións e matrícula:
Entrega de notas de 2º Bacharelato: xoves, 3 de setembro, ás 10h. a través de Abalar Móbil.
Prazo de reclamacións de 2º Bacharelato: desde o xoves 3 ata o venres, 4 de setembro, ás 12h.
Entrega de notas de ESO e 1º Bacharelato: xoves, 3 de setembro, a partir das 14h. a través de Abalar Móbil.
Reclamacións de ESO e 1º Bacharelato: venres 4 e luns 7 de setembro.
Período extraordinario de matrícula: 4, 7 e 8 de setembro.
Período extraordinario de matrícula unicamente para o alumnado da ESO e 1º Bacharelato que presentase reclamación: 9 de setembro.