Skip to Content

Club de ciencia Blog

Expo-gráfica co Grupo Radon

O primeiro xoves de exposicións no recreo corre a cargo das rapazas de Radon, coordinadas por Flor Domínguez.

O grupo de alumnas xestionan os 3 medidores e todo o que conleva: entrega de medidores explicando ó alumnado o seu funcionamento, recollida de datos, grafuiquéanos.

Seguiremos recollendo datos para que nos vindeiros cursos poidamos sacar conclusións coas medicións do radon nas distintas parroquias de Boiro.

Calendario de traballo no CdC 2019/20

No curso actual, cada xoves no 1º recreo un equipo de alumnado exporá ós e ás compañeiros como vai o seu subproxecto. Ademais, os luns pola tarde reunirémonos para traballar no Espazo Maker. O calendario é o que segue:

Configuración de equipos de traballo Extraescolar

Logo de que o alumnado cubra a enquisa de participación nas actividades Club de Ciencia, Erasmus GNS, Club do Antifás e Equipo Extraescolares, o reparto de grupos e profesorado a cargo queda como segue:

 

PECHE DA #CASIÑA_MAIOS POR ESTE CURSO

O xoves 13 de xuño, convocamos á prensa para contar o noso proxecto de Bioconstrución "A Casiña dos maios", que neste segundo ano tivo por obxecto rematar a obra, instalarlle luz, facer un seguimento de temperatura e humidade e crear unha zona saudable circundante a través dun sementeiro e un domo-invernadoiro con rego automático.

Fixéronse eco da nova A Voz de Galicia, Diario de Arousa, Faro de Vigo e o programa A Revista da TVG, emitido en directo o sábado 15 ás 12:00h, a onde fomos con 2 representantes do Club de Ciencia: Lara Calo e Mario Outeiral.

Neste vídeo contámosvos o traballo destes 2 anos. Difundídeo!

 

Estación meteorolóxica

A pesar dos moitos imprevistos ó final conseguimos montar a estación meteorolóxica aínda que unha toma de datos sistemática, a comparación coa estación meteorolóxica que ten meteogalicia no concello e os posibles resultados son aínda un work in progress. A estación componse de sensores de temperatura, presión atmosférica, pluviosidade e dirección e forza di vento. Os datos recóllense polo alumnado e anótanse nesta folla de cálculo, a partir da cal poderemos levar a cabo numerosas análises. O primeiro que teremos que facer de momento é colocar a veleta e o anemómetro sobre un soporte que non anule unha das direccións do vento como ocorre se o situásemos sobre a parede da casiña. O dito: work in progress.

 

Instalación eléctrica e placa fotovoltaica (CdC)

Ainda non comezamos coa instalación eléctrica e a placa fotovoltaica da Casiña dos Maios porque a empresa que nos dona o material para este proxecto, EDF solar, traballa a gran escala e non tén á súa disposición o material necesario para consumos tan pequenos como a nosa casiña (instalación tan só dunha lámpada) e de tan poucos metros cadrados. EDF solar vainos subministrar para a iluminación interior, un kit con módulo fotovoltaico e acumulador para alimentar iluminación e dispositivos con micro USB (equipo que non tería en stock e que teñen que pedir). E para a iluminación exterior, un kit con módulo fotovoltaico e proxector LED de 25W.

Neste enlace podedes ver a montaxe da placa fotovoltaica.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut