Skip to Content

Na procura de novos antibióticos. Equipo CdC 4°

Os nosos pequenos investigadores do equipo CdC 4°  participaron os días 16, 18, 22 e 24 de marzo no proxecto "Micromundo" no laboratorio de microbioloxía da Facultade Medicina da USC na procura de novos antibióticos.. 

A actividade (5 sesións) consiste en atopar microorganismos productores de antibióticos  en mostras de terra que trouxeron da súa contorna. Illaron microorganismos e enfrontáronos a outras  bacterias (ESKAPE-LIKE) para comprobar a sua efectividade contra elas e si crean un halo de inhibición. O equipo do CdC de 4°ESO foron guiados nas prácticas polo alumnado de Microbioloxía I da Facultade de Farmacia da USC.

Esta paixón pola ciencia foi retransmitida o 4 de abril polo programa da TVG " Fun polo aire" (minuto 50:49).

O 13 de maio o equipo CdC 4° recibirá en Fonseca o diploma de participación neste proxecto Micromundo, de mans de Mª Jesús Lamas Díaz, directora da Axencia española do medicamento. 

 

 

 
 
 
 
 
 


blog | by Dr. Radut