Skip to Content

CPInnova

Durante o curso 2021/22 participamos nos Programas de Éxito Educativo na modalidade Contrato Programa:

  • CPInnova - EduInnova, cun programa sobre ecolingüismo.
  • CPInnova - EduExcelencia, co programa STARgal (audiovisual e robótica nas Letras Galegas).
  • CPInnova - EduSostibilidade, cun proxecto de sustentabilidade e Club de Ciencia.

O Equipo de Sustentabilidade traballou nunha análise da nosa contorna, instituto, fogares e concello de Boiro, para ver como mellorar a nosa saúde e minimizar a pegada de carbono. Na seguinte presentación atópanse links ós materiais elaborados:

 

Os traballos do Equipo de Sustentabilidade foron divulgados a través da iniciativa Paseo de Jane (3 de maio), unha camiñata na que participou todo o alumnado de 1º ESO, o de 2º e 4º ESO do Club de Ciencia e o de 3º ESO do Equipo Sustentabilidade. Este é dosier completo da actividade e a continuación unha presentación e vídeo que resumen o proxecto:

VÍDEO PASEO DE JANE 

 O equipo de Innovación traballou en diferentes proxectos en combinación co EDL: pode verse un resumo na seguinte presentación. 

 O traballo final de exposición deste proxecto foi a Semana das Letras e STARgal, das que deixamos aquí presentación e vídeo.

 

O alumnado vencellado a este CP elaborou a curta "A viaxe de María Casares":

 

 

 



page | by Dr. Radut