DOCENCIA PATRICIA BARCIELA - 1 febreiro
Patricia Barciela, directora da Domus Coruña, comeza facendo unha introdución na que contextualiza a Ciencia Cidadá dentro do marco da Open Science, un concepto que contempla o acceso aberto a investigación e datos e a filosofía RRI (investigación e innovación responsables).
Destaca como PLATAFORMAS máis salientables a Scistarter (USA), Zooniverse (nivel mundial) e Ibercivis (España e Europa). No referente a METODOLOXÍA apela a usar unha indagativa, remarcando a importancia de aprender Ciencia facendo Ciencia: IBL (inquiry based learning). Suxire que investiguemos ferramentas virtuais como cámaras na natureza e laboratorios virtuais. Patricia amósanos o espazo Dixit, en Abalar, onde desde hai moi pouquiño podemos atopar recursos didácticos e guías metodolóxicas.
Tráenos diversos exemplos de entre o que destacan, por transferibilidade ó noso caso:
- A app para detección de niños de velutina desenvolvida polo IES David Buján
- “Vigilantes del aire”, para medir a calidade de aire a través de fresas plantadas polo alumnado.
Na Domus están colaborando nun proxecto creado polo Science Action Club. Trátase dun programa con 3 módulos (aves, insectos e nubes) onde cada módulo ten 12 sesións de hora e media cada unha. Esta colaboración permitiu á Domus facerse con material didáctico para a investigación. Unha das ferramentas dixitais que empregan é a app Merlin Id Birds, que nos insta a descargar para familiarizarnos co seu uso. Dado que Agustín ten experiencia neste eido, mantese unha charla sobre a versatilidade desta e outras ferramentas como Seo Bird..
Outras apps interesantes, suxire, son Globe Observer (da NASA) e iNaturalist.
Na segunda parte da docencia temos a José Manuel Viñas, do IES David Buján de Cambre, quen nos explica o proxecto de Microplásticos que vai subirse ó espazo Dixit.
Plataformas de búsqueda de proxectos
- SciStarter https://scistarter.org/
- Zooniverse https://www.zooniverse.org/
- Ibercivis https://ibercivis.es/
Exemplos de proxectos
- Science Action Club https://www.calacademy.org/science-action-club
- Digital Fishers https://www.oceannetworks.ca/learning/get-involved/citizen-science/digital-
- fishers
- Old Weather https://www.oldweather.org/
- Eyewire https://eyewire.org/explore
- WildCam Gorongosa https://www.zooniverse.org/projects/zooniverse/wildcam-gorongosa/
- Vigilantes del aire https://vigilantesdelaire.ibercivis.es/
- Odour Collect https://odourcollect.eu/
Recursos galegos
- Guía Ciencia cidadá na aula- Dixit https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/guia-ciencia-cidada-na-aula
- Proxecto Microplásticos- Dixit: contacto de referencia Jose Viñas Diéguez jvinas@iesdavidbujan.com
Outros recursos
- Proxectos de solucións baseadas na natureza con actividades para a escola http://www.scientix.eu/pilots/nbs-project Están en castelán.