Neste 2018 conmemoramos as Letras a través da obra da escritora María Victoria Moreno. Un ano máis, celebramos as Letras Galegas mesturando teatro, literatura, audiovisual, drons e robótica a través do STARgal, o obradoiro de teatro e a romería popular. Clickade na foto para ver o álbum do día:
A nosa mostra-competición de audiovisual e robótica puxo a todo o alumnado a participar nas diferentes probas de videxogos, videopoemas, labirinto de robots e competición de drons. Ademais dos videoxogos en tributo a María Victoria Moreno, elaboramos outros que teñen que ver con diversas temáticas do centro que se tratan nos proxectos deste curso. Brinca con eles!
- Comecalorías, do equipo de Javi Bao
- Pasapalabra Aliméntante Ben, do equipo de Javi Bao
- Non á violencia de xénero, por Sergio Rial e Manuel Sánchez
- Tecnociencia: aliméntante ben, por Valentín e Mario
- Xogo de María Victoria Moreno, por Mar, Mariña e Carlota
- María Victoria Moreno remix, por Giga
- María Victoria Moreno, por Yaiza
- Xogo Tecno remix
Os rapaces e rapazas organizáronse en grupos de 5 persoas e foron pasando polas estacións. Nelas, debían selarlles un pasaporte de resultados que é o que aquí vos amosamos.