(English version bellow)
O martes 14 de maio celebramos as Letras Galegas adicadas a Antón Fraguas, e conxuntamente, a nosa 4ª edición do STARgal (seminario transversal de audiovisual e robótica). Para isto montamos unha exposición con 8 estacións nas que había probas relacionadas coa vida e obra de Fraguas. Estes son os carteis das estacións:
Ó longo da mañá, todo o alumnado do centro pasou polas 9 paradas, como podes ver no vídeo e fotos:
Cada estación nomeouse como unha obra de Antón e o obxectivo das mesmas era o seguinte:
-
DIVERSIÓN DE TEMPOS PASADOS: videoxogos sobre Fraguas elaborados por alumnado de 2º e 3º con Scratch.
- Ademais, puido xogarse ós videoxogos relacionados con outros proxectos do centro, como:
-
AS COUSAS DE ANTONIO DE INSUELA: Pasapalabra en Scratch gravado con croma
-
O TRAXE TRADICIONAL: concurso de preguntas en Kahoot sobre un obradoiro de traxe tradicional realizado o víspera.
-
A INFANCIA RECORDADA: microobradoiro de programación de Mbots para competir á estrícula (mariola)
-
DO CANCIONEIRO Á MESA POSTA: pilotado de dron para volar desde unha obra de Fraguas ata unha mesa superando obstáculos
-
A XEOGRAFÍA NO SEMINARIO ESTUDOS GALEGOS: manexo de Mbot Ranger portando figuras impresas en 3D ás cidades preferidas de Fraguas (Lugo, Santiago, Pontevedra)
-
A CASA ONDE NACÍN: xogo de pistas a partir das exposicións dispoñibles no vestíbulo: carteis oficiais de Fraguas, exposición de plantas ("Galicia Máxica") e videopoemas elaborados polo alumnado. O obxectivo desta estación é abrir a "Casiña dos Maios" (módulo bioclimático elaborado no Club de Ciencia). Na porta desta hai un cadeado cuxa combinación resulta de mesturar as respostas das preguntas do caderno e un xogo Makey Makey situado no Domo ("Romerías e Santuarios"). Os videopoemas podían votarse tanto a través de Instagram como cun sistema de pulsadores programados con Arduino.
-
PREOCUPACIÓN POLO TEMPO E OS ASTROS NA CREENCIA POPULAR: planetario nas pistas deportivas. Nel, en 3 sesións para grupos de 25 rapaces, poderá observarse como estaba o ceo o día e lugar en que Fraguas naceu, e o guía deste espazo explicará ó alumnado como evolucionou ata o de hoxe en día.
Este era o folleto identificativo que tiña que selar cada grupo ó seu paso polas diferentes estacións:
On Tuesday, May 14th we celebrated the Galician Letters dedicated to Antón Fraguas, and altogether, our 4th edition of the STARgal (transversal seminar on audiovisual and robotics). To this extent we mounted an exhibition with 8 stations in which there were tests related to the life and work of Fraguas. These were the posters of the stations:
Throughout the morning, all the school students stopped in the 9 competition areas, as you can see in the video and photos:
Each station was named after an Antón Fraguas' book, and each one had a different goal:
-
DIVERSIÓN DE TEMPOS PASADOS: videogames about Fraguas created by our students with Scratch.
- It was also possible to play to other project videogames, also created by students:
-
AS COUSAS DE ANTONIO DE INSUELA: Pasapalabra Scratch videogame based on a TV performance. It was recorded in chroma key
-
O TRAXE TRADICIONAL: Kahoot game about Galitian traditional folk suit
-
A INFANCIA RECORDADA: Mbots competition simulating a traditional Galician game (mariola)
-
DO CANCIONEIRO Á MESA POSTA: flying drones through obstacles
-
A XEOGRAFÍA NO SEMINARIO ESTUDOS GALEGOS: driving models of famous buildings on a big Galician map with a Mbot Ranger
-
A CASA ONDE NACÍN: scape activity with clues from temporary exhibitions and videopoems filmed by students. The goal was opening a Bioarchitecture module we have built. The code was obtained after writing some anwsers with a Makey Makey game. It was compulsory to vote the best videopoem: to this aim, students designed a voting Arduino system.
-
PREOCUPACIÓN POLO TEMPO E OS ASTROS NA CREENCIA POPULAR: swellable planetary in which we could observe the sky in the place and moment in which Antón Fraguas was born, and then understand how it evolved until today.
Each group of 5 students had a leaflet to fill: