O luns 20 de maio, comenzamos coa instalación do rego automático da Casiña dos Maios, tanto para o teito (de terróns de herba procedentes da escavación) como para o noso invernadoiro. O material do rego donado pola empresa GADIS para este proxecto, foi suministrado xa por unha empresa local de fontanería e será o pai dun alumno do CdC con coñecementos na materia, quen guíe a un pequeno grupo.
Comenzamos coa excavación para a tubería de auga desde a chave de paso exterior dunha fonte que está próxima á Casiña dos Maios e ó invernadoiro.
O material utilizado no rego automático:
2 tuberías de polietileno de 25 mm
1 válvula de esfera de polietileno de 25mm
30-40 metros de tubería de polietileno 25mm grosor por 10 atm
6 codos lisos de polietileno de 25mm
2 electroválvulas de rego de 1 pulgada
4 enlaces de polietileno 25mm ¾ macho
30-40 metros de tubería de goteo autocompensante 16mm
6 m de tuberías de goteo de 16mm
8 codos de goteo de 16mm 4 porcas reducción hexagonal fitting 1´´ 3/4
4 porcas de reducción roscada PVC M 1´´-h 1/2´´
6-8 Racord enlace macho goteo 1/2 x 16mm
6 tapóns final 16mm
1 Irritrol -Programador junior 4 estacións
15m de mangueira eléctrica VVF 4x 1mm
10 m de tubo ferroplast 20mm
2 arquetas
Aquí atopamos o enlace coas fotos do traballo do alumnado participante na instalación do rego automático e que estará conectado electricamente coa placa fotovoltaica que instalaremos proximamente