Skip to Content

Programación Tecno


 

 

Profesorado do departamento, curso 2024/25

 

  • Ana Fernández Moreiras (XD). Destino definitivo.

  • Mickael Costas da Santísima Trinidad. Destino provisional.

  • Toño Viturro Romero. Destino provisional.

 

Normas xerais curso 2024/25

  • O alumnado ten a obriga de estar comunicado dixitalmente cos profesores de forma periódica, consultando un mínimo dunha vez por semana a aula virtual ou correo electrónico.

  • Non se aceptarán traballos fóra de prazo.

  • Nos casos de forza maior (problemas co equipo informático, coa conexión a internet, etc), deben comunicarse as incidencias ó profesor/a ou titor/a no menor prazo de tempo posible. De non ser así, considerarase incumprimento nos prazos de entrega das actividades propostas.

  • Na elaboración dos traballos escritos (Memorias técnicas e outras propostas particulares), seguiranse as normas de redacción e estilo explicadas na aula e publicadas na Aula Virtual.

  • O plaxio ou calquera tipo de fraude nas probas orais ou escritas será sancionado coa anulación da proba e o conseguinte 0 na súa cualificación.

  • As normas de uso do taller, pensadas para minimizar riscos e que todos poidamos disfrutar do material, son de escrupuloso cumprimento e impórtannos ós profes máis que ningún 10 nun exame!

  • Recuperación de pendentes:
    • De 1º: o seguimento farávolo Toño Viturro na propia aula. Despois da Avaliación Inicial, entregarásevos un Boletín de exercicios con dous boques. En cada parcial de pendentes pedirásevos un bloque. A proba pesará un 60% e os exercicios, debidamente resoltos e explicados, un 40%. Toño, o profesor de 2º ESO, poderá considerar superada aquela parte da materia con continuidade de 1º a 2º se esta se aproba no curso actual (ex: Electricidade). Se este fora o caso, indicarávolo e xa non fará falta resolver esa parte dos exercicios do boletín nin facer parte escrita. En caso de suspender un ou os dous parciais, poderedes asistir a unha proba final.

    • De 2º: o seguimento farávolo Ana Moreiras, dispoñible os xoves no 2º recreo. Despois da Avaliación Inicial, entregarásevos un Boletín de exercicios con dous boques. En cada parcial de pendentes pedirásevos un bloque. A proba pesará un 60% e os exercicios, debidamente resoltos e explicados, un 40%. En caso de suspender un ou os dous parciais, poderedes asistir a unha proba final. 

 

Documentación curso 2024/25 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
programacion_didactica_lomloedixitalizacion_4_eso_2409302253_c03959e6-98be-480f-b4b4-8d8d9f8afa5a.pdf220.81 KB
programacion_didactica_lomloetecnoloxia_4_eso_2409302253_f412f9e9-dab9-42ec-a639-c005c611d3d5.pdf212.85 KB
programacion_didactica_lomloeeducacion_dixital_3_eso_2409302253_2d1fef66-8421-4ff4-9333-1d2f6ee72d3c.pdf208.51 KB
programacion_didactica_lomloeproxecto_competencial_2_eso_2409302252_ba5b81f9-b062-4812-878a-95da5a7c973f.pdf202.32 KB
programacion_didactica_lomloetecnoloxia_e_dixitalizacion_2_eso_2409302253_5ae2f6e5-92f1-403a-a5b9-b0f2612b9a2a.pdf229.33 KB
programacion_didactica_lomloetecnoloxia_e_dixitalizacion_1_eso_2409302252_c2af08be-5b87-4896-bfa5-082000c29f50 (1).pdf229.31 KB


page | by Dr. Radut