Skip to Content

Filosofía e recoñecementos

O noso proxecto educativo está baseado nos seguintes principios:

  • A educación na responsabilidade, no respecto, na normalización das diversidades, nos valores democráticos e na autonomía persoal para formar persoas libres e con capacidade de análise e crítica.
  • A priorización da inclusión, normalizando e valorando positivamente a diversidade.
  • A apertura do centro ó entorno para promover a participación familiar e doutros axentes sociais da zona.
  • A creación de espazos para potenciar a imaxinación e a creatividade.
  • A innovación tecnolóxica como complemento do labor docente.
  • A potenciación das diferentes linguas.
  • O compromiso e o esforzo para a creación dun ambiente positivo de estudo e de traballo no centro.
  • O diálogo activo con todos os axentes educativos para a prevención e a resolución dos conflitos.

Somos un centro con tradición no traballo en proxectos orientados á renovación pedagóxica e á integración de contidos baixo unha perspectiva STE(A)M. Deste enfoque dan conta os recoñecementos que levamos nas áreas de innovación lingüística (premios Proxecta), científico-técnica (premios en Robótica, canguros e olimpíadas matemáticas), artística (premios audiovisuais), didáctica (premio Innovagal 22 e EducaCompostela 22), e a nosa participación en proxectos comunitarios (festival de cine Olloboi, Espazo-Familias, colaboración anual co Centro de Día).

Queremos intercambiar coñecemento: participamos en dinámicas de plurilingüismo (accedemos en varias ocasións ó plan PIALE), fixemos job-shadowing de prácticas innovadoras a través dun Erasmus KA101 (de resultas do cal obtivemos un selo de calidade na European Schoolnet); coordinamos un Erasmus KA102 baseado no activismo climático desde a investigación e comunicación científica (“Green new school”).

 

 



 

 

 

 

 

  • Curso 2016/17
    • 1º Premio EducaCompostela (por STARcach, seminario de audiovisual e robótica desenvolvido gracias a un Contrato Programa)
    • Premio Olloboi ó mellor guión ("MIA")
    • Participación no EpDLab ("Educación para o desenvolvemento", aprobado para 5 centros educativos, e conducido por Agareso e Gingko)

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut