Seminario Transversal de Audiovisual e Robótica: unha mostra de videoclips, curtas, reportaxes, videopoemas, videoxogos programados con Scratch, Mbots, LEGOS e Arduino... Todo organizado en estacións interactivas montadas nun circuíto polo que pasa todo o noso alumnado interactuando ou competindo.
A maioría das probas están relacionadas coa figura que se homenaxea nas Letras Galegas (este ano, o antropólogo e etnólogo Antón Fraguas), pero tamén temos xogos de lingua e mostras puramente científicas: para nós é prioritario demostrar que o futuro tamén se pode escribir en galego.
Este xeito de enfocar a aprendizaxe da lingua, unha metodoloxía puramente STE(A)M, valeunos dous premios de Innovación en Dinamización Lingüística un EducaCompostela.