O martes, 27 de febreiro veunos visitar Eva Mejuto, a autora do libro 22 segundos. O encontro foi no salón de actos da Cachada. A autora contounos como foi o proceso de creación desta novela, dende que comezou o libro ata que o rematou. Neste libro trátase o tema da transexualidade e falounos das vivencias de moitos rapaces e rapazas trans que están a experimentar este proceso. Para o seu libro, Eva inspirouse nun rapaz que ela coñece chamado Marcos. Ensinounos cousas sobre a vida, fixémoslle algunha que outra pregunta e finalmente adicounos os libros. Pasámolo moi ben e estivemos un rato moi agradable xuntos e aprendendo.
Lucía Rodríguez