O martes 10 de outubro tivo lugar a presentación institucional do programa “Mentoring creativo”, enmarcado dentro do Proxecto de emprendemento creativo dende o ámbito local “República Creativa”. A charla dirixiuse ó alumnado de 4º ESO da materia de iniciación a actividades emprendedoras e empresariais e é unha das actividades que forman parte do Plan de Acción Titorial e do Plan de Orientación
Académica e Profesional do Centro.
Trátase dunha actividade que se desenvolve en ectores relacionados coa creatividade en xeral, sector salientable que xenera un movemento económico de arredor de 3 millóns de euros anuais (só en Boiro). O noso obxectivo é presentar á xente moza e creativa unha alternativa de traballo no seu lugar de orixe.
Asistiron ó acto:
o Directora Xeral de Xuventude, Dna. Cecilia Vázquez Suárez
o Alcalde do Concello de Boiro, D. José Dieste Ortigueira
o María Magán, xerente de La Doce
o Orientadora do centro, Sabela Rodríguez García
o Representantes técnicos do Concello: Alberto García e Adriana Castro
o Director do centro: Mariano Muñiz Blanco
Antecedentes:
- Curso 2016/2017
- Visita guiada á empresa Moai
- Visita guiada á empresa A fiestra
- Visita guiada á empresa Serarte
- Participación no Pecha_Kucha: emprendedores creativos en Boiro
- Curso 2017/2018:
- Continuidade con outras actividades do programa
- Visita á galería La Doce
- Charla con IN9-Eventos: empresa de organización e promoción de
eventos