O Correo Galego faise eco do proxecto no que comezamos a fuchicar esta mesma semana: A Roda do Tempo. Unha reflexión sobre o uso que facemos do tempo, particularmente do que adicamos ó noso entorno, a nós mesmas e á nosa xente; unha apelación a non perdernos nas redes sociais e o mundo virtual e, pola contra, repensar o noso papel na natureza e na sociedade. Como eixo vertebrador empregaremos o calendario celta, quen dado o seu apego á terra organizaban as súas festividades en torno a 8 eventos vencellados co sol, o cultivo e a recolleita.