ste ano imos traballar a Cultura como ferramenta formativa e de cohesión social. O noso alumnado do CdA convertirase por un ano en Xestor Cultural para propoñer actividades ó Encontro de Embarcacións Tradicionais que terá lugar en Cabo de Cruz, Boiro, en xullo do 2015.
- Instalación Aquaecultura: unha aproximación ó mundo do mar desde diferentes ópticas: saúde, deporte, ciencia, arte, mitoloxía... Cada área trátase nun cartaz con imaxes, e os cartaces van mergullados nun tanque de auga, dentro de caixas de peixe antigas. Para ver as imaxes do póster hai que empregar unha "caixa de espello", un dispositivo que se usaba antigamente para pescar centolas. Acompañando cada cartaz hai un audio en 4 idiomas que completa a información. Os audios estarán aloxados en tablets que se mercaron para o centro, e que durante o Encontro de Embarcacións estarán no lugar desta orixinal instalación
- Docuficcións: Unha lata de mexillóns e Working Girl. Dous traballos que presentan a realidade das mulleres no mundo do mar, o primeiro nun mundo que lle é habitual (as conserveiras) e o segundo desde un ámbito tradicionalmente de homes (o deseño e construción de barcos)
- CrebaOurizo: unha escultura tipo land art que se erguerá no espazo da exposición nos días previos á apertura de portas. Con ela pretendemos denunciar dun xeito creativo a cantidade de lixo que se bota ó mar
- Ollo de Peixe: unha instalación de vídeo dentro dun contedor portuario. Teredes que entrar nel e escoller qué final queredes para o peixe!