Skip to Content

blogue demoreiras

O CodEquipo xa está programando de cara á estación metereolóxica con Arduino

Boas!

O noso Codequipo está traballando nunha fase embrionaria de código para finalmente saber como montar unha estación meterolóxica con Arduino. Esa estación proverá dixitalmente datos de temperatura e humidade, datos que analizaremos a final de curso para comparar cos dunha vivenda construída por técnicas convencionais.

Polo de agora, co Arduino de horizonte, o Codequipo está fuchicando cos Mbot, coñecendo o funcionamento dos seus sensores e programándoos para que execute accións como reaccionar fronte a estímulos de luz ou son.

 

Aí ven o Entroido!

Mañá venres 1 de marzo celebramos o Entroido no Pavillón da Cachada baixo a temática "TV e cine". Estades todos e todas convidadas!

Publicaremos un minuto da actuación de cada grupo no noso Instagram, seguídenos!

Obras de remate da Casiña dos Maios

O Equipo Bioconstrutor estivo traballando con Guido ó longo dos meses de xaneiro e febreiro para rematar as obras da Casiña dos Maios: revestimento interior de paredes e instalación de zócalo, remate do teito, illamento da carpintería metálica...

Aquí tedes as fotos do proceso:

 

Remate A Casiña dos maios

Tell me about famous people

Nos cursos 2014 a 2016 traballamos nun proxecto Comenius xunto a 3 centros de Francia, Alemania e Polonia. A través deste proxecto coñecimos celebridades do mundo da ciencia, a arte, a política e a cultura de cada país. A páxina do Comenius estaba feita con Blogaliza e este servidor caeu no 2018, polo que se perdeu todo o traballo agás os vídeos que vos deixamos aquí:

Erasmus STEM: primeira mobilidade - Italia

Do domingo 10 ó mércores 13 de febreiro desprazámonos a Módena para visitar o IC3 Istituto Comprensivo de Módena, centro formado por escolas de infantil, primaria e secundaria que é pioneiro na implantación de metodoloxías STEM. É un instituto excepcional no panorama italiano, se atendemos ó último informe da OECD: só o 18% dos italianos (fronte ao 37% dos outros países) se gradúa na universidade, e faino en disciplinas pouco ligadas ó ámbito STEM.

Distribuir contido


by Dr. Radut