Skip to Content

blogue demoreiras

Docencia sobre Impresión 3D

Este luns 10 de febreiro tivemos a primeira das 2 docencias que nos corresponden no CdC. Foi sobre técnicas e posibilidades educativas da Impresión 3D, e correu a cargo de Xurxo Arines. Un excelente profesional que soubo condensar e transmitir os aspectos fundamentais desta tecnoloxía en 3h. Aproveitamos para facer unha "moeda verde" que sirva para o noso Erasmus GNS.

Expositor para traballos Erasmus

O alumnado de 4º estivo traballando nun expositor para o proxecto Erasmus GNS, empregando madeira de piñeiro e metacrilato. Actualmente, contén as gráficas obtidas a partir da enquisa inicial sobre Concienciación con respecto ó Cambio Climático que se pasou a todo o alumnado. 

Expón o Equipo Arduino

Os rapaces e rapazas de 4º levan un tempo traballando nunha alarma de ruído deseñada con Arduino. Contárnnolo o xoves nos #RecreosCdC e achegámosche a captura do programa que deseñaron:

Para comezar a familiarizarnos con Arduino creamos este pequeno programa que discrimina volume e en función do mesmo acende ou apaga un LED.

O Equipo T/H cóntanos como está a tomar medidas

O Equipo comandado por Pilar Hermo, integramente formado por rapazas de 2ºESO, presenta os primeiros datos de Temperatura e Humidade no centro e na Casiña dos Maios en comparación co exterior.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut