Skip to Content

blogue deespingorzio

Visita de Amador Arias

     O martes 14 de febreiro, contamos no noso instituto,

 no Club do Antifás, co protagonista da película de Oliver Laxe,       

 "O que arde". Amador Arias, contounos moitas anécdotas sobre a mesma.

 Esta entrevista enmárcase dentro do proxecto multidisciplinar

do centro "Proxecta +", "Non só é lume".

 

Candela Tubío Souto informa                                          

Seguridade na rede - Iago Miguéns Fidalgo 4°D.

 

Este é un vídeo sobre a ciberseguridade e o importante que é ter o teu dispositivo protexido.

 

https://youtu.be/WY6g-KzeMNw


20 decembro 22: Obradoiro de cine para o CdA

O alumnado do Club do Antifás gravou parte dunha curta que se intentará enviar ó festival do Carballo Interplay.

Para axudarnos, viñeron os nosos exalumnos Sara Hermo (licenciada en cine pola ESCAC) e Xurxo Nine (licenciado en Comunicación Audiovisual, rama de efectos especiais). Foi unha experiencia moi enriquecedora, aprendemos moito e pasámolo ben. Esperade a ver o resultado final!

 

20 de decembro do 2022. Curta sobre a caída do internet.

O alumnado do club do Antifás realizou, o pasado martes, unha pequena curta sobre a caída do internet, e por consecuente, da economía. Esta curta foi realizada coa axuda da experta en cine Sara Hermo e o especialista en efectos especiais Xurxo Nine. O vídeo grabouse coa axuda de alumnado de primeiro, segundo e cuarto.

Candela Tubío informa.

19/20 decembro 2022: Charla "Corpos, sexualidades e identidades disidentes".

Nos días 19 e 20 de decembro achegouse ó noso centro Cinthia, unha especialista en sexoloxía que nos falou de identidades, corpos e capacidades disidentes.

En charlas dunha hora impartidas ós grupos de 4º da ESO, foi explicando diferentes conceptos e términos relacionados con este tema. 

Informan: Diego Vázquez e Raúl Romero.

 

 

20 decembro 2022: Preséntannos a longametraxe "Sica"

Informa Tathiana Silva, de 4º: 
Hoxe asistimos a unha charla impartida por Raquel Enríquez (da produtora Miramemira) e María Yañez (xornalista e creadora de contidos audiovisuais). Faláronnos sobre o cine feito en galego, e presetáronnos a longometraxe Sica, que se estrenará proximamente.
Sica é unha pelicula grabada na Costa Da Morte da man de productores/directores galegos e cataláns que deciden enfatizar a natureza e a realidade dos pobos costeiros dende o punto de vista da adolescente Sica, a protagonista.
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut