Skip to Content

Outro ano máis celebramos os maios, comeza un novo ciclo. Aquí vos deixamos unha imaxe da montaxe do noso maio deste ano. Moitas grazas aos colaboradores.

 

Levántate Maio

que tanto durmiches,

Pasou o inverno

e non o sentiches!

 

 	 http://www.edu.xunta.gal/centros/iesabasella/system/files/IMG-20220503-WA0009.jpg

Prevención de condutas tóxicas

Hoxe, o alumnado de 4 e 2 ESO recibiron dúas charlas sobre Violencia de Xénero e Consumo de Substancias Tóxicas por parte dunha experta da Garda Civil. Estiveron moi atentos e fixeron preguntas sobre estes temas de tan gran calado na sociedade actual

Álbum: Actividades Extraescolares -> Charlas de prevencións de condutas tóxicas

O xoves 24,, o alumnado do IES A Basella, en colaboración co IES Faro das Lúas e o IES Illa de Arousa gardou un minuto de silencio como repulsa á invasión de Ucraína, baixo o lema: Que a nosa única guerra sexa a través das palabras.

Volven as xornadas de orientación universitaria

Case ás portas do remate da situación COVID e coa ilusión e enerxías renovadas fronte “á nova normalidade”, o IES A BASELLA,  retoma as xornadas de Orientación vocacional coa visita ao campus universitario de Pontevedra. 

Dentro das actividades planificadas no PAT do noso centro para o alumnado de Bacharelato no 2º trimestre, tivemos a oportunidade de coñecer a oferta formativa e as instalacións de facultades como: Belas Artes, CC. Sociais e da Comunicación, CC da Educación e do Deporte, Enfermería, Fisioterapia ou a Escola de Enxenaría Forestal.

Estas actuacións teñen a finalidade de contribuir á definición do perfil vocacional do alumnado polo que foron organizadas de xeito que o estudantado tivera a oportunidade de asisitir ás aulas e poidera ver e valorar como se desenvolve a actividade universitaria. 

Como podedes ver nas fotografías, estos estudos ofrecen mútiples escenarios de aprendizaxe, atractivos, interesantes e innovadores… De seguro que moitos dos nosos alumnos/as realizarán alí a súa formación nos vindeiros cursos.

…E isto só é o comezo porque nos botamos a camiñar novamente no apaixoante mundo da orientación vocacional para que “TI” tomes as mellores decisións de cara ó  teu futuro profesional.

Álbum: Actividades Extraescolares -> Visita Univesidade 2022

Entroido 2022

Cremos que este curso foi un punto de inflexión no noso entroido, por fin estamos a empezar unha nova etapa que recuperará o esplendor da nosa celebración antes da pandemia. Moitas felicidades a todos os participantes. 

 

Álbum: Actividades Extraescolares -> Entroido 22

Radio

Coincidindo coa celebración de hoxe, 14 de febreiro, publicamos na nosa web o Podcast realizado polo alumnado de Literatura Universal de 1º de bacharelato adicado á poesía. Marabilloso traballo de procura de poemas, información dos autores e precioso recitado.

Parabéns a todos eles e ós profesores que fixeron posible este proxecto: Lidia Barreiro e Xaquín Díaz. Esperamos que vos namoredes da súas voces tal e como fixemos nós. O traballo tamén forma parte da escola feita por "Ponte nas ondas" para celebrar o Día mundial da Radio

 

 

Christiane. Un bio-musical científico

O noso alumnado de 3º da ESO acudiu, o pasado 11 de febreiro, á cidade da cultura para asistir á representación de Christiane. Un bio-musical científico, para conmemorar o Día internacional da muller e da nena na ciencia, a Cidade da Cultura acolle dita obra de teatro musical que se mergulla na vida de Christiane Dosne Pasqualini, científica e personalidade fundamental na investigación da leucemia. A actividade está organizada polos institutos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, IGFAE, CIMUS e CIQUS, en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, co obxectivo de visibilizar referentes femininos que, co seu exemplo, poidan servir de inspiración para a rapazada e contribuír a promover a ciencia como carreira profesional. 

Álbum: Actividades Extraescolares -> Christiane. Un bio-musical científico

Charla alumnado economía "Megatendencias del mercado de trabajo"

Os alumnos de Economía de 1º de bacharelato e de Economía da Empresa de 2º de bacharelato asistirón o día 8 de febreiro a unha charla impartida por Dª Carlota Sánchez Puga, coordinadora da área de educación de AFundación e profesora universitaria da área de finanzas o IESIDE.
Na charla e posterior coloquio co alumnado, expuso os principais cambios tecnolóxicos, económicos e sociais  que están ocurrindo na nosa sociedade, así como os retos e oportunidades que supón no mundo laboral.
 
 
 
Álbum: Actividades Extraescolares -> Megatendencias do mercado de traballo

Chandeleur 2022

Tras un curso de interrupción por mor da Covid, os alumnos de francés volveron festexar o dia de “La Chandeleur”, facendo as crêpes nas súas respectivas aulas, coas medidas a ter en conta. O que non se puido levar a cabo, foi facelas no corredor para os demais compañeiros, profesores e persoal do centro. Agardemos que para o vindeiro curso, póidase cumprir.

 

Álbum: Actividades Extraescolares -> Chandeleur 2022
Distribuir contido


by Dr. Radut