Skip to Content

Dentro do Proxecto de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), no itinerario que adicamos ao desenvolvemento de proxectos interdisciplinares, comezamos coa formación relacionada con Polos Creativos, fundamental para a súa implantación no noso centro. 

Na primeira sesión de formación, Raquel Veira Díaz, antiga profesora do noso centro e actualmente xefa de estudos e responsable do club de ciencia do CPI O Cruce, achegounos exemplos prácticos de proxectos científicos e a súa metodoloxía.

Foi unha xornada moi interesante.

 

#poloscreativos #PFPP

Estes día a Basella foi un rebumbio de actividades arredor do Samaín: Decoración, concursos, Procesión da Santa Compaña, magosto e xogos populares, tivemos ata un scape room no salón de actios organizado por alumnado voluntario.

Samain

Seguindo o compromiso que temos coa educación ambiental, o noso alumnado participou onte, 7 de outubro, na XII campaña de limpeza simultánea de praias, recollendo máis de 120 kg de residuos, todo un éxito.

  

 

 

Axudemos a conservar o medioambiente

As nosas alumnas Aldara e Irene, de 4 ESO, foron escollidas para participar na Ruta Quetzal xunto con outr@s alumn@s procedentes de toda España. Neste vídeo vannos falar da súa experiencia.

 

 

Podedles consultar a memoria da ANPA do curso 2022-23 na seguinte ligazón:

 

Memoria da ANPA

Graduacións 2023

Onte, máis de quince días despois de que despediramos ao noso alumnado de 2° de Bacharelato, tocounos despedir tamén a 4° da ESO cun pequeno acto de gradación, no que celebrar o seu fin de etapa e co que desexarlles moitísima sorte nos próximos roteiros. 

Grazas a todo o alumnado polos recordos que deixades, pola vosa implicación e polo voso esforzo. Noraboa e moito éxito en todo o que emprendades na vida.

Álbum: Sen categoría -> Graduacións 2023

O festival da francofonía, como os últimos anos, celebrouse no Pavillón de Vilanova. E comezou o gran espectáculo. Cancións, bailes, teatro... E todo en francés! 

Se viñestes este ano esperamos vervos para o seguinte, e os que non viñeran estades invitados!

 

Aquí tedes un pequeno vídeo-resumo da excursión de 2 ESO a Asturias e Cantabria para que poidades apreciar a beleza das paisaxes e o ben que o pasou todo o alumnado presente. Grazas a Sabela, Celia e Patricia, as profes encargadas de acompañar ó alumnado polo vídeo.

 

O alumnado de francés de 3º e 4º da ESO e 1º Bacharelato realizaron traballos de investigación para afondar na emerxencia climática, a deforestación, a perda de biodiversidade, o malgasto de auga... Centrámonos, sobre todo, no porvir da Terra nos vindeiros anos e nas posibles solucións.

Velaquí uns poucos exemplos, preme na imaxe para velos:




Ademais, no día de hoxe, viñeron dúas voluntas de Greenpeace a dar unha charla sobre o Cambio climático e a perda de biodiversidade, ao rematar agasalláronnos cuns sobreciños con sementes de flores variadas. Grazas Maruxa e Sara!

Viaxe de fin de etapa a Tenerife

 

Como viaxe de fin de etapa de 4º de ESO fomos a Tenerife, alí, ademais de gozar dun bo clima, puidemos ver moitas cousas novas para nós:
Comezamos visitando o museo de arte contemporánea Eduardo Westerdahl (MACEW) que representa unha oportunidade única de coñecer a arte do século XX en Canarias, xa que conta con obras de Óscar Domínguez, César Manrique, Manolo Millares ou Pedro González. Así mesmo, dispón de obras de prestixiosos pintores non insulares como Wolfgang Paalen, Angel Ferrant ou Eduardo Úrculo.
.

Seguimos cun avistamento de golfiños e falsas candorcas na zona do acantilado de Los Gigantes.

 
Outra visita interesante foi o observatorio de Izaña que ten o IAC (Instituto de Astrofísica de Canarias), alí explicáronnos como se traballa en astrofísica e os proxectos que distintos países teñen nos seus telescopios. Tamén puidemos ver o Sol coas súas manchas solares a través dun telescopio.
 
 
 
Non podía faltar unha visita ao Teide e ao llano de Ucanca e, como final da viaxe, o Loro Parque cos seus espectáculos de animais e o Siam Park onde puidemos montar en todas as atraccións.

 

 

 
Tedes todas as fotos no seguinte álbum:

 

Álbum: Actividades Extraescolares -> Viaxe a Tenerife
Distribuir contido


by Dr. Radut