Skip to Content

Admisión Curso 2024/25

 

 

 

Informámosvos que todas as solicitudes de reserva de praza presentadas en 1º de ESO e 1º de Bacharelato para o curso académico 2024-25 foron admitidas

 

 

ABERTO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2024-2025

PRAZO DE RESERVA: 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

MODOS: Pódese facer a través dos seguintes modos:

- A través da aplicación “admisionalumnado

- No centro de orixe, cunha única solicitude, na que se poden pór ata 6 centros por orde de preferencia.

 

Información proceso admisión alumnado

 

 

     

Aplicación 

Admisiónalumnado

 

Manual da aplicación de

Admisiónalumnado

 

 

Calendario do proceso de

admisión: Prazos

 

   

Instruccións

 

Vacantes ofertadas

polo centro

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 24/25- PRAZOS

  • 15 de xaneiro ao 5 de febreiro: reserva de praza no centro de orixe.
  • Publicación das listaxes de admitidos antes do 22 de febreiro do 2024 

 

LEXISLACIÓN APLICABLE

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión de alumnado nos centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 

O luns 17 de xuño, o noso IES participou nun evento multiplicador para clausurar o proxecto Erasmus+ KA220 DISAT, enfocado na creación de espazos inclusivos nos centros educativos do territorio da Unión Europea.

A xornada organizada polo Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra contou coa participación dos centros educativos galegos socios do proxecto (CEE de Pontevedra, CEIP Plurilingüe As Covas-Meaño, IES A Basella de Vilanova de Arousa e o CIFP Montecelo) xunto cos socios europeos (Agrupamento de Escolas do Barreiro de Portugal, IC Carducci Gramsci de Italia, e Oz-De-Bir Ozel Egitim Uygulama Okulu 1. Kademe de Turquía) nunha mesa redonda internacional onde os participantes compartiron as súas experiencias e reflexionaron sobre o impacto do proxecto DISAT nos seus respectivos centros.

 

 

 

 

Iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria foi publicada no DOG o pasado 6 de xuño.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e rematará o 8 de xullo.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na aplicación PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu), no portal educativo e na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Prema na icona para ver  a folla informativa coas novidades e características máis relevantes desta convocatoria e con consellos prácticos sobre o proceso de solicitudes. A principal condición para presentarse é ter unha nota media na ESO igual ou superior a 9 puntos:

a) A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación PremiosEdu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos. 

b) Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes.  

 

Máis información

 

Penaventura!!

Cinco días de viaxe nos que o noso alumnado de 2º da ESO puido dsfrutar de moitísimas actividaes deportivas e de aventuras: unha megatirolina, escalada, xogos rocódromo, bicicletas electricas, búsqueda do tesouro, rapel... Pero sobre todo unha experiencia de convivencia natureza e de fortalecimento das amizades. Puidemos ver como desfrutaban dunha merecida viaxe de fin de curso.

Tamén visitamos Porto, onde visitamos a Libraría Lello e fixemos unha ruta en barco polo Douro e Guimarães na que percorremos a zona vella e coñecemos a vila onde naceu Portugal.

  

O xoves 23 de maio foi o día do Apadriñamento Lector!

Unha actividade á que lle temos especial cariño e que se vén realizando desde hai anos entre A Basella e o CEIP Xulio Camba. Este curso, por vez primeira, foi posible facela con dous centros máis da contorna dos que provén gran parte do alumnado da Basella:

  • O CEIP Viñagrande de San Miguel de Deiro
  • O CEIP Torre Illa, na Illa de Arousa.

Aos dous coles do Concello de Vilanova, acudíu o alumnado de 2ESO; e ao da Arousa, o alumnado de 1BAC de Literatura Universal. Todo o mundo, desde @s pequech@s ata @s máis maiores, estaba ansioso e ilusionado coa actividade, que resultou súper motivadora. Mesmo con momentos emocionantes de reencontros e descobertas! Oxalá poidamos repetila de aquí en diante, sinxelamente porque é marabillosa!


Grazas ao profesorado e ao alumnado participante!


Parabéns ás e ós contacontos, que o fixeron xenial!

 

Queredes ver o que fixemos en polos creativos este curso?

Durante a semana do 20 ao 25 de maio ten lugar en Turquía a reunión transnacional do proxecto Erasmus+ KA220 DISAT coordinado polo CFR de Pontevedra na que elaborarase a guía do proxecto conxunto cos socios CEE Pontevedra, CIFP Montecelo, IES A Basella, CEIP plurilingüe Meaño-As Covas, IC Carducci Gramsci, Agrupamento de Escolas do Barreiro e ÖZ-DE-BIR Özel Egitm Uygulama Okulu 1 Kademe.

 

O pasado 19 de abril fomos á Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo a competir na sétima edición da competición de robots. Este ano vimos cunha boa nova: O noso equipo "Game Over 1" gañou o terceiro premio na categoría Be Robot de Bacharelato.

 

 

 

 

 

Moitos parabéns, equipo!

 

Tedes toda a información sobre as becas do ministerio na seguinte presentación:

 

Premede no seguinte enderezo se queredes máis información

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut