KA2- FAMILY LEARNING

KA2- FAMILY LEARNING

Proxectos Europeos: Formación de Persoas Adultas.

MOBILIDADE KALAMATA (GRECIA) MAIO-2024

Compartirmos convosco este vídeo da Consellería de Educación da Xunta de Galicia mostrando a través de testemuñas directas de alumnado a EOI de Ourense a importancia que ten o programa Erasmus+ na formación de persoas adultas. O noso compromiso é seguir traballando para que todo o noso alumnado teña a oportunidade de formarse coas mesmas oportunidades.

 
 

Programas Europeos e Mobilidades

RECOÑECEMENTO Á EOI OURENSE

A Escola oficial de idiomas de Ourense vén de recibir o recoñecemento da Xunta de Galicia como centro con acreditación Erasmus+ no sector de Educación de Persoas Adultas polas súas accións de mobilidade internacional. Ler o artigo completo

Gañadora do concurso de logo.

       XA TEMOS LOGO GAÑADOR !!     
María Núñez Blanco, alumna da EOI Ourense, resultou gañadora no concurso convocado e o seu logo acompañará todas as publicacións do noso proxecto de acreditación Erasmus+.
Agradecemos a todos os demais participantes e queremos resaltar a calidade das achegas.

Curso: Alfabetización Dixital.

Co fin de dar cumprimento ao indicado no Plan de Dixitalización do Centro e nos obxectivos da nosa Acreditación Erasmus+, imos impartir un curso de alfabetización dixital dirixido a todo o alumnado que teña problemas neste eido. A idea é comezar dende 0 e ir avanzando pouco a pouco. VER TEMAS DO CURSO

Matrícula aberta a todo o alumnado e, especialmente, a aquel que teña serias dificultades. O horario será os venres das 18.00 ás 19.30 a partir do 12 de abril. Quedará un documento na consexería da escola para anotarse.

Concurso: Elección de Logo

Concurso para elexir un logo para o noso proxecto acreditado

2023-1-ES01-KA121-ADU000120322 Erasmus +.

 LER AS BASES DO CONCURSO

Prazo ampliado. Anímate!! Premio vale de 200 euros.

EOI na radio. Family Learning

DIFUSIÓN DOS PROXECTOS EUROPEOS ERASMUS +

Entrevista aos docentes Carmen Rodríguez, Alicia de Río e Peile Lin (28-02-2024)

EOI na prensa: Xornada Proxectos Europeos.

La Escuela Oficial de Idiomas forma sobre el aprendizaje en familia y recursos digitales. Ler artigo do Faro de Vigo 24-02-2024

 

Concurso: deseño dun logo.

Concurso para elexir un logo para o noso proxecto acreditado 2023-1-ES01-KA121-ADU000120322 Erasmus +.

LER AS BASES DO CONCURSO

Erasmus+ Mobilidade de longa duración.

ERASMUS+: unha alumna da EOI Ourense participa nunha mobilidade de longa duración no CPIA de Padua (Italia).

Do 8 de febrero ao 24 de maio de 2024, a CPIA de Padua acollerá a unha estudiante nosa que realizará una mobilidade ERASMUS+ de longa duración para estudiantes adultos. A alumna María Asunción Lorenzo Domínguez matriculada na Escola Oficial de Idiomas de Ourense, estuda italiano e durante a súa mobilidade en Padua asistirá ás clases na sede “Diego Valeri”. Ler AQUÍ mais información.

Desde a EOI agardamos que a estancia sexa fructífera e estimulante para a nosa alumna.

Xornadas CFR EOI

O día 24 de febreiro celebraranse na EOI unhas xornadas organizadas polo CFRPrema na imaxe. 

 

Certificación de 8 horas de formación. Faremos unha recapitulación dos resultados obtidos a través dos nosos proxectos europeos. Esta é unha oportunidade para que toda a comunidade educativa se informe sobre aspectos como a incorporación dos recursos dixitais ao ensino, a concienciación medioambiental desde a escola ou a conciliación entre estudos e familia no alumnado adulto. Ofreceremos un xantar na propia escola.

VER PROGRAMA DETALLADO

Distribuir contido