1- Son dereitos do alumnado libre:
- Recibir información sobre os contidos de cada nivel e sobre o tipo de exame que van realizar e os criterios de avaliación. Presentar oportuna reclamación da cualificación, na forma establecida.
- Poder utilizar os servizos da biblioteca a partir do momento en que formalicen a matrícula e durante o curso académico no que estean matriculados.
2- Son deberes do alumnado libre:
- Presentar documentación acreditativa, sempre que lle sexa requirida polo persoal do centro, para os efectos de identificación e verificación de datos académicos e persoais.
- Solicitar mediante preinscrición, a súa admisión para cursar os estudos como alumnado oficial. En ningún caso se lle garantirá ao alumnado libre a praza escolar para o curso seguinte como alumno oficial.