A EOI de Lugo ofrece cursos ordinarios de alemán, chinés, español lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano e portugués.
O plan de estudos destes idiomas articúlase en tres niveis e 5,7 ou 8 cursos:
a) Nivel básico: 1, 2 ou 3 cursos segundo os idiomas(1=nivel A1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECRL) e 2=nivel A2 do MECRL) 3= nivel A2 para Chinés
b) Nivel intermedio B1: un ou dous cursos (1 e 2=nivel B1 do MECRL). (3 cursos para chinés)
c) Nivel intermedio B2: un ou dous cursos (1 e 2=nivel B2 do MECRL).
d) Nivel C1: un ou dous cursos
e) Nivel C2: un curso
Ao rematar cada nivel o alumnado obtén o certificado correspondente:
O alumnado que aprobe unha ou varias destrezas pode solicitar un certificado que o acredite.
Este é un resumo da oferta educativa das escolas oficiais de Galicia (non quere dicir que en todas as escolas se impartan todos os niveis nin todas as linguas):
Os cursos ordinarios poden ser:
Son cursos organizados en colaboración co Centro de Formación e Recursos de Lugo (CFR). A oferta de cursos varía dependendo da lingua. De 60 horas de duración, de nivel B2 e C1.
Organizados en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística: Hai cursos de linguaxe administrativa galega de niveis medio e superior, de 75 horas de duración, dirixidos a funcionariado e tamén cursos de 60 horas de duración preparatorios para examinarse dos certificados de lingua galega (Celga).
Ademais, desde o curso 2021-2022, impartimos cursos ordinarios semipresenciais. Para saber en que consiste o ensino semipresencial e averiguar se é o que mellor se adapta ás túas necesidades, podes premer nesta ligazón.
A EOI de Lugo é desde hai xa moito tempo centro de apoio titorial do programa That’s English!, que permite estudar inglés a distancia. Máis información aquí.
As persoas que queren obter os certificados da EOI examinándose por libre (sen dereito a asistir ás clases e preparandose para o exame pola súa conta). O alumnado libre pode matricularse en calquera nivel das probas de certificación. Este curso (2024- 2025) está previsto que estes exames sexan no mes de xuño. A matrícula para facelos adoita ser uns meses antes.