Que pasa se non me incorporo ás clases?
O alumnado que non se incorpore ao curso nos primeiros 15 días lectivos sen xustificación documentada perderá a condición de alumnado oficial e a escola poderá dispoñer da súa praza.
Non me podo incorporar ás clases nos 15 primeiros días. Que podo facer para que non me dean de baixa?
Póñase en contacto co seu profesor/a antes de que transcorran os quince días para que lle indique a maneira de xustificar a falta.
É obrigatoria a asistencia a clase?
Non, pero é recomendable.
Canto dura un curso ordinario?
A maioría dos cursos oficiais da nosa EOI son cursos ordinarios que comezan en setembro e rematan en maio, e duran 120 horas impartidas en 2 sesións semanais de 120 min. cada unha.
Como podo saber as faltas que teño?
Entrando na súa sesión de CentrosNet ou ben falando co seu profesor/a.
Se supero o límite de faltas non xustificadas, teño dereito a facer o exame nas convocatorias ordinaria e extraordinaria?
Si, por faltar a clase non perde o dereito a examinarse.
Non podo asistir a clase no horario no que me matriculei. Que podo facer?
O alumnado só pode asisitir a clase no grupo no que está matriculado. Cando rematan todos os prazos de matrícula, ábrese un prazo para solicitar o cambio a un grupo noutro horario diferente. A Xefatura de Estudos só concederá cambio de grupo se hai unha praza vacante no grupo solicitado.Despois dese prazo, só se concederá cambio de grupo se hai vacante no grupo solicitado e se está xustificada documentalmente a solicitude (motivos laborais, académicos…).
Cantas veces podo repetir curso? Cantas veces podo cursar o mesmo nivel?
O alumnado oficial poderá permanecer en cada un dos niveis o dobre de anos establecidos para cada un deles. Logo de esgotadas as convocatorias o alumnado non poderá cursar as ensinanzas en réxime presencial, pero sí pode matricularse por libre.
Cando comezan as clases?
O comezo das clases dos grupos oficiais farase público na páxina de inicio da web da EOI de Lugo. Para o resto de grupos pódese consultar a seguinte ligazón. ↩