Cando podo iniciar os estudos na EOI e en que idioma/s?
- A partir dos 14 anos (cumpridos no ano natural), nun idioma distinto ao que curso como primeira lingua na ESO.
- A partir dos 16 anos (cumpridos no ano natural), calquera persoa en calquera idioma.
Se xa teño coñecementos do idioma no que me quero matricular, como accedo aos estudos da EOI?
- Por proba de clasificación: se tén coñecementos do idioma, debe presentarse á proba de clasificación. O prazo de inscrición para as probas de clasificación estará publicado con anterioridade á data da proba. Con esta proba poderás acceder a calquera dos niveis segundo os teus coñecementos.
- Por acceso directo: se tén algunha titulación, pode consultar a táboa de validacións para acceder a cursos superiores dun idioma.
Para acceder a un curso distinto do primeiro:
- Ter acreditado un nivel de EOI.
- Pasarelas entre plans de estudos: Para estudos cursados segundo o Decreto de 2007, consultar aquí.
- A primeira lingua estranxeira cursada no Bacharelato ou até COU: accede ao nivel B1
- A primeira lingua estranxeira cursada na ESO ou até 2 BUP: accede ao nivel A2
- Os certificados CELGA:
-Celga 1 accede a Intermedio B1
-Celga 2 accede a Intermedio B2
-Celga 3 accede a Avanzado C1
-Celga 4 accede a Avanzado C2
- Reasignación de nivel: por proposta xustificada do profesorado (non a petición do alumnado), unha vez feita a avaliación incial. Para alumnado de novo acceso que non fixera a proba de clasificación e non teña superado o nivel ao que se podería reasignar noutra EOI. Sen taxas adicionais.