1.
O concurso está aberto a todo o alumnado da Extensión de Sarria e da Escola Oficial de Idiomas de Lugo, e máis ao alumnado maior de 14 anos de todos os centros educativos públicos, concertados e privados dos concellos de Bóveda, Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos, Sarria e Triacastela, incluídas as escolas musicais e doutras artes.
2.
A temática das obras será o camiño a Compostela en outono en Sarria ou concellos da contorna. Cada obra componse dunha fotografía co seu pé de foto acompañante.
3.
As fotografías poden estar en branco e negro ou a cor e deben enviarse nun formato de arquivo de imaxe que permita unha boa reprodución gráfica en tamaño DIN-A4.
4.
Tanto as imaxes coma os textos deberán ser de autoría recente da persoa concursante, orixinais e inéditos.
5.
As fotos recibiranse nun correo electrónico ao enderezo eoi.lugo.sarria@edu.xunta.gal ata o 22 de novembro de 2024 co asunto “Autumn on the Way”, acompañadas dun arquivo co texto do pé de foto correspondente.
6.
No devandito correo figurarán o nome completo, idade e datos de contacto da persoa participante (e os da nai, do pai ou da persoa titora no caso de menores de idade) e máis o centro educativo e nivel no que cursa estudos.
7.
O texto do pé deberá gardar relación coa súa foto, estar escrito en inglés e ter unha extensión de entre 30 e 60 palabras.
8.
Valoraranse conxuntamente a calidade artística e orixinalidade das fotografías e dos textos dos pés de foto acompañantes.
9.
A persoa autora da obra premiada recibirá un vale de compra nunha libraría local por valor de 50 euros, e máis un diploma que a acredite como gañadora.
10.
O xurado estará constituído polo profesorado da Extensión da EOI de Sarria. A súa decisión será inapelable e poderá optar por dividir o premio entre dúas gañadoras ex aequo ou mesmo declaralo deserto.
11.
Darase a coñecer a persoa gañadora de na semana do 25 de novembro de 2024 na sección da Extensión de Sarria da páxina web da EOI de Lugo e posteriormente nos medios dixitais da EOI, da prensa local e dos centros que desexen colaborar.
12.
Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras. Rexeitaranse a participación de quen achegue máis de dúas obras e/ou obras e textos de autoría allea e/ou executados mediante procedementos de intelixencia artificial.
13.
As obras participantes ou unha escolma delas poderán ser expostas na sede e medios da EOI de Lugo e da súa Extensión de Sarria e doutros centros educativos e sociais interesados.
14.
A participación no concurso supón a aceptación destas bases.