Bolsas MEC 24/25

BECAS MEC CURSO 2024/25

  • Normativa: Resolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan becas de carácter xeral para o curso 2024/25 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios. (Enlace á Resolución publicada no BOE)
  • Prazo de presentación de solicitudes: do19 de marzo ao 10 de maio (ambos incluídos)

  • Forma de presentación: O procedemento é electrónico e iníciase coa solicitude que debe facerse na sede electrónica da páxina web do Ministerio debendo incluírse un enderezo de correo electrónico que vaia estar operativo durante todo o proceso, para recibir os avisos de notificacións (requirimentos; comunicacións, propostas, resolucións...); tamén deberánconservarse as chaves de acceso iniciais para que, en calquera momento, poidades entrar no voso expediente e consultalo (Enlace á sede electrónica do Ministerio de Educación)

INFORMACIÓN SALIENTABLE:

-O número de conta que poñades na beca ten que estar como titular ou cotitular o estudante.

-Despois de cubrir a solicitude tede en conta que só queda presentada cando vos deixa xerar o xustificante de presentación que debedes conservar e ler para saber se tedes que presentar documentación adicional no voso caso (padrón, sentenzas...).Isto é moi importante, moitas becas quedan denegadas na primeira fase por non xustificar datos.

-A fase inicial adoita rematar a mediados de xullo; despois cruzaranse os datos económicos co Ministerio de Facenda e recibiredes ao longo do verán a notificación de se cumprides ou non os requisitos económicos. Debedes consultar o voso correo (introducido na solicitude) para ver se tedes notificacións ou acceder (coas vosas chaves) ao voso expediente para comprobalo.

-No mes de setembro haberá un prazo para presentaralegacións sobre datos económicos e/ou para facer modificacións na beca só en tres aspectos: académicos (tipo de estudos; centro onde se realizarán); residencia (fóra do domicilio familiar) e conta bancaria. Tamén vos chegará aviso por correo electrónico (tédeo operativo e consultádeo a miúdo)

-Despois pasaremos á fase de datos académicos. Tede sempre en conta o previsto na convocatoria e en particular que de 1º a 2º de BAC só se permite un suspenso para obter a axuda(aínda que se poida pasar de curso con dúas asignaturas, isto non aplica no caso das becas) e, de estar repetindo curso, non se permite ningún suspenso. No caso da FP, para obter beca, hai que matricularse nun mínimo de 500 horas e superar unha carga horaria dos módulos do curso anterior, igual ou superior ao 85% das horas e o 100% destas nos casos de matrícula parcial ou específica para persoas adultas.

Ademais lembrade que para non ter que devolver a becaconcedida hai que cumprir uns obxectivos: asistir ás clases; non darse de baixa no centro antes que remate o curso e aprobar a lo menos o 50% de materias, créditos ou horas.

-No caso de que por calquera motivo decidades abandonar os estudos,presentade canto antes un escrito de renuncia á beca á Dirección Territorial de educación da Xunta. Se despois de renunciar, vola chegan a ingresar, debedes rexeitar a transferencia dende o banco; no caso de que antes de presentar a renuncia xa a tivésedes ingresada, haberá que tramitar un proceso de reintegro que leva sempre aparellado o aboamento deintereses.

 

Enlace á páxina web do Ministerio onde atoparedes máis información sobre as becas

 

BECAS-LUGO